Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Desmontando Mitos é unha serie audiovisual de Gciencia realizada co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) do Ministerio de Ciencia e Innovación e a colaboración da Universi... more
FAQs about Desmontando Mitos:How many episodes does Desmontando Mitos have?The podcast currently has 20 episodes available.
November 26, 2025Comer de noite engorda máis?Neste último episodio de Desmontando Mitos mergullámonos na crononutrición, a disciplina que estudia como o momento das comidas afecta ao noso corpo.Xunto á profesora en saúde pública da USC Maruxa Zapata, falamos de mitos e verdades sobre cear tarde, como axustar os horarios de alimentación sen perder hábitos sociais, e pequenos cambios que poden marcar a diferenza na saúde....more6minPlay
November 19, 2025Cando sangra o nariz hai que botar a cabeza cara a atrás?No novo episodio de Desmontando Mitos analizamos un hábito moi común cando nos sangra o nariz: botar a cabeza cara a atrás. Pero, é realmente efectivo o pode ser perigoso?Ainara Díaz Geada, profesora de enfermería da USC, explica por que pode agravar a situación e cal é a técnica correcta para deter o sangrado de forma segura....more4minPlay
November 12, 2025As matemáticas non son para mulleres?Aínda hoxe circula a idea de que ás mulleres non se lles dan ben as matemáticas ou que historicamente non tiveron presenza nesta ciencia. Pero, e se as orlas da Facultade de Matemáticas da USC puidesen contar outra historia?Neste episodio de Desmontando Mitos falamos con Elena Vázquez Cendón, profesora de matemática aplicada e antiga decana, quen demostra que a relación entre mulleres e matemáticas sempre foi profunda...more6minPlay
November 05, 2025Os morcegos son cegos?Neste episodio de Desmontando Mitos, o director do Museo de Historia Natural da USC, Javier Iglesias, descubrimos como os morcegos combinan ecolocalización e visión para moverse con precisión na escuridade. Falaremos da súa incrible adaptación á vida nocturna, da orixe do seu nome e da importancia que teñen nos ecosistemas de todo o planeta....more5minPlay
October 29, 2025O estrés non sempre é malo: cando o corpo se activa para axudarE se o estrés fose, en realidade, un aliado? A palabra “estrés” adoita asociarse con algo negativo, con tensión, angustia, ansiedade ou incluso enfermidade. Porén, a ciencia explícanos que esta resposta do corpo humano non só é natural, senón tamén necesaria para a nosa supervivencia e adaptación....more6minPlay
October 22, 2025Como inflúe a Lei d´Hondt nos resultados electorais?Sempre que hai eleccións, aparece o seu nome e cúlpase de que os votos de algúns partidos valen máis que os doutros. Pero… e se a verdadeira causa non fose unha persoa, senón o propio sistema electoral español?Neste episodio quinto episodio Desmontando Mitos falamos sobre a Lei d’Hondt e como funciona....more6minPlay
October 15, 2025Instinto maternal: realidade ou construción social?Hai unha idea moi estendida na sociedade que parte da premisa de que todas as mulleres, polo simple feito de selo, teñen o desexo natural de converterse en nais e unha capacidade innata para os coidados. O chamado "instinto maternal". Pero, e se ese “instinto” non estivese escrito nos xenes, senón nas normas sociais? O cuarto episodio de Desmontando Mitos de GCiencia afonda neste aspecto con Jorge García, profesor de socioloxía na USC e experto en novas masculinidades....more5minPlay
October 08, 2025Os alimentos sen glute son máis saudables?Cantas veces escoitaches que eliminar o glute da dieta mellora a saúde? Esta idea está moi presente en Internet, nas redes sociais e incluso no supermercado.Neste terceiro episodio de Desmontando Mitos, a investigadora en nutrición da USC, Pilar España, analiza que é realmente o glute, por que só debe evitarse en casos de celiaquía ou intolerancia, e como inflúen as dietas populares e o marketing na nosa alimentación....more5minPlay
October 01, 2025Os animais comen herba cando están enfermos?A crenza popular di que cando un animal come herba é para purgarse ou porque ten problemas dixestivos. Neste segundo episodio da segunda tempada da serie Desmontando Mitos, afondamos en como afecta aos animais comer herba e o comportamento de cans e gatos ao tomala, baseado nos estudos científicos realizados. Falarase tamén sobre algúns alimentos que poderían prexudicar ás nosas mascotas....more5minPlay
September 24, 2025Celtas ou romanos? Viaxe ás raíces da identidade galegaEste é o primeiro episodio da serie Desmontando Mitos de GCiencia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, para explicar algúns dos grandes mitos da ciencia. Neste primeiro capítulo falaremos das raíces da identidade galega: somos celtas ou romanos? Responde a profesora de Historia Antiga da Universidade de Santiago, Dolores Dopico....more6minPlay
FAQs about Desmontando Mitos:How many episodes does Desmontando Mitos have?The podcast currently has 20 episodes available.