Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

All Día a Día episodes

  • Ent. Miguel Ángel Martínez e Manuel Diz, da Asociación Xuntanza de Randufe | Semana Cultural
    A Asociación Cultural e Deportiva Xuntanza de Randufe, organiza para este domingo a XXXVI Carreira Popular de Randufe, unha actividade que comezará as 10 h dende o Adro da Guía.
    O prazo de inscrición remata mañá, mércores ás 23:59 h., e pode realizarse a través da web cronotec.es. Ten un prezo de 3€ para maiores de 14 anos, e é de balde para os menores desta idade.
    Amais, o sábado seguinte, día 30, dará comezo a súa Semana Cultural con actividades de folclore, deporte, inchables, festa de espuma, playbacks, humor, música e maxia. Así nolo contaron hoxe Miguel Ángel Martínez e Manuel Diz, da Asociación Xuntanza de Randufe.
    13 min
  • Ent. Ángel Couceiro Babarro, xerente e adestrador deportivo do ximnasio JUSENKYO | Obradoiro de artes marciais mixtas
    O Espazo Xove de Tui organiza un obradoiro de artes marciais mixtas que se vai celebrar dende esta semana. Correrá a cargo de Ángel Couceiro Babarro, xerente e adestrador deportivo do ximnasio JUSENKYO. Será o mércores 20, venres 22, mércores 27 e venres 29 en horario de 12 a 13.30 h. A mocidade interesada pode inscribirse en [email protected], no teléfono 886 110 797 ou persoalmente no Espazo Xove na rúa Sanz. Así nolo contou hoxe Ángel Couceiro.
    7 min
  • Ent. Ana Seoane, doutora e responsable da unidade de Hemodonación e Aférese | Doazón de sangue en Tui
    Cita solidaria a que temos esta semana en Tui xa que a Unidade Móbil de Doazón de Sangue da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia estará na rúa Casal Aboy, ao carón do centro de saúde, o xoves e venres en horario de 10 a 14.30 h e de 16 a 21 h e o sábado de 10 a 15 h.
    Ana Seoane, doutora e responsable da unidade de Hemodonación e Aférese explicaba como está sendo a campaña de verán de doacións e facía un especial chamamento aos grupos A+, A- e 0+.
    9 min
  • Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui | XXX Festival de Bandas
    Este venres, ás 21 h, a praza de San Fernando vai acoller o XXX Festival de Bandas de Música. Unha cita musical na que participarán a Banda de Música de Vila Boa de Quires de Portugal, a Banda Cultural de Salceda, e a Banda de Música Popular de Tui.
    Eloy Carrera, director da Banda de Música de Tui deu hoxe todos os detalles desta xornada que este ano cumpre o seu trinta aniversario e repasou a situación da Banda na actualidade.
    13 min
  • Ent. Natalia Lago, A Fada do Aloia | Noite Máxica con A Fada do Aloia
    A Fada do Aloia organiza para este sábado 16, ás 22:00, un paseo polo Monte Aloia. Será un percorrido de 600 metros para toda a familia onde as persoas participantes descubrirán a fauna nocturna, lendas do Aloia e tamén as estrelas, coas explicacións de Antón Paz, monitor starlight.
    Deunos hoxe os detalles Natalia Lago, a Fada do Aloia. Para máis información e reservas pódese contactar co teléfono 619 96 90 90.
    6 min
  • Ent. Vicky Méndez, da Asociación A Insua de Caldelas | Semana Cultural en Caldelas
    Este domingo comeza a Semana Cultural de Caldelas organizada pola Asociación Cultural A Insua, que se vai desenvolver até o 21 de agosto na ribeira de Caldelas. A primeira cita será este domingo 17 ás 17 h con inchables, e ás 21.30 h coa proxección da película de animación “Del Revés 2”.
    Vicky Méndez, da Asociación A Insua de Caldelas repasou polo miúdo a programación prevista para esta semana.
    6 min
  • Ent. Suso Vila, historiador | Ángulo dos Demos
    O tramo de muralla coñecido como "Ángulo dos Demos", situado no Paseo Fluvial de Tui, leva máis de dous séculos en estado de ruína. O Concello vén de dar os primeiros pasos para recuperalo e poñelo en valor.
    Co historiador Suso Vila, que asesora técnicamente a intervención co obxectivo de garantir o máximo rigor histórico e respecto pola autenticidade da construción orixinal, conversamos hoxe sobre a importancia destes traballos.
    13 min
  • Ent. Manuel Pedrares, presidente do club Kaiak Tudense | Descenso Internacional e Popular do Miño
    Este sábado ás 16 h sairá dende Caldelas o 14º Descenso Popular do Miño. Dúas horas despois, dende Salvaterra partirá o 54º Descenso Internacional. Dúas probas que xuntarán a preto dun milleiro de piragüistas en augas do Miño. Desta cita conversamos hoxe con Manuel Pedrares, presidente do club Kaiak Tudense.
    Habilitaranse autobuses o sábado dende as 11.30 h ata as 14.00 h dende o Parador de Tui ata Caldelas.
    13 min