132 persoas inscribíronse xa para participar na Ultreia 2025, que se celebrará o domingo 6 de abril. Unha cita que o ano pasado superou os 500 participantes dos que o 70% foron mulleres, e na que se anotaron persoas de até 12 comunidades autonómicas.
Hoxe, David Acevedo, membro da organización, explicou os detalles desta proba de 52 quilómetros, que chega até Pontevedra pero que se pode concluir en Porriño, Redondela, ou Arcade e atoparse con personaxes históricos coma San Telmo, Xulio César, ou Teucro.
As persoas que desexen participar teñen até o 23 de marzo para inscribirse en www.cronotec.es.