Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,140 episodes available.
May 29, 2024Ent. Javier Niño, do CB Tui | Temporada e Basket Summer CampO CB Tui volve realizar este verán o seu Basket Summer Camp. Hoxe Javier Niño deunos todos os detalles desta actividade que se vai realizar do 24 ao 29 de xuño . Tamén fixo balance da temporada que está a piques de rematar e adiantou que a próxima fin de semana, do 8 e 9 de xuño, xogarán en Tui a fase final senior masculino de ascenso a 1ª nacional....more6minPlay
May 29, 2024Ent. Andrés Díaz, comandante Naval do Miño | Reunión da CPIRMCon Andrés Díaz, comandante Naval do Miño, coñecemos hoxe os acordos tomados onte na Comisión Permanente Internacional do río Miño reunida no Concello de Tui. O control de xabalís nas illas Boega e Lenta foi un dos acordos en materia de caza, mentres en pesca definíronse os periodos de pesca da próxima temporada, reducíndose en quince días, e por vez primeira diferenciouse en zonas xeográficas. As especies invasoras e a contaminación foron tamén tratados na reunión....more11minPlay
May 28, 2024Ent. Claudia Montes de Altitude | Campamento de VeránHoxe coñecemos o Campamento de Verán 2024 que a empresa Altitude Ocio e Educación Ambiental vai realizar do 24 de xuño ao 6 de setembro para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Claudia Montes deunos todos os detalles, e tamén nos presentou as actividades que realizan....more6minPlay
May 28, 2024Ent. Xacobe Morais de A Quinta de Tui FS | Campus de Verán, temporada e album de cromosHoxe coñecemos os detalles do Campus de Verán que organiza A Quinta de Tui FS, para o que xa quedan poucas prazas. Amais fixemos balance da tempora na que contaron con 18 equipos e falamos do album de Cromos da Quinta que editaron....more13minPlay
May 27, 2024Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui | Valoración Viaxe a Italia e da senteza do TSXG sobre a Pousa do BispoO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro valorou hoxe a sentenza do TSXG sobre a urbanización da Pousa do Bispo. Tamén fixo balance da viaxe a Italia realizada a semana pasada xunto co Xeodestino Ría de vigo e Baixo Miño. Amais abordamos a rescisión do contrato de construción do aparcamento subterráneo....more13minPlay
May 27, 2024Ent. Dj Rokiño - Concurso actuación na festa de fin de curso nun cole de GaliciaDj Rokiño vén de lanzar un concurso no que sortea unha actuación súa na festa de fin de curso de calquera centro educativo. Para participar os centros ou as ANPA's deben inscribirse en djrokino.com/ até o 31 deste mes. O 5 de xuño coñecerase o colexio gañador da actuación. Amais Dj Rokiño falounos da súa carreira musical e ga gravación en Tui do programa Sala G coa TVG....more13minPlay
May 27, 2024Ent. Diego Luís Martínez e André Morais | I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección CivilA Eurocidade Tui-Valença acolle hoxe e mañá o I Encontro Ibérico de Axentes Forestais e de Protección Civil. Falamos dos obxectivos e da actividade prevista con Diego Luís Martínez e André Morais, membros da organización. Mañá martes, no recinto feiral de Tui, haberá unha exposición de medios d e loita contra os incendios forestais de ambos países....more16minPlay
May 24, 2024Ent. Carolina Figueroa do CPA Ribex - Campionato Galego de 2º Grupos ShowPreto de 360 patinadores e patinadoras de toda Galicia participarán mañá sábado no pavillón Gustavo Rodríguez en Tui no Campionato Galego de 2º Grupos Show. Trátase dunha modalidade moi vistosa. Pola mañá serán os adestramentos e a partir das 16 h a competición. A entrada ten un prezo de 6€. Con este campionato recadar cartos para sufragar parte da viaxe do Grupo Show do Ribex ao Campionato do Mundo....more5minPlay
May 24, 2024Ent. Tino Baz - Concerto de Cantares do BrueiroO Auditorio de Goián acolle este domingo, ás 19 h, o concerto "Se cantan, es ti quen cantas" de Cantares do Brueiro, un grupo que cumpre agora dez anos. Hoxe Tino Baz, o seu director, falouse desta década de percorrido, e do concerto deste domingo....more10minPlay
May 24, 2024Ent. Claudia, Gael, Fabio e Amar do CEIP nº1 e Eva de Naldo Costas- Exposición "Coñecer para transformar""Coñecer para transformar" é o título da exposición que mañá de 19 a 21 h se poderá visitar en Naldo Costas. Foi realizada polo alumnado do CEIP nº1 dentro do seu proxecto sobre o mundo da cosmética saudable. Para visitar a mostra farase un donativo de 1€ destinado á ONG CEMMA. Hoxe déronnos todos os detalles Claudia, Gael, Fabio e Amar, do CEIP nº1 e Eva Martínez de Naldo Costas....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,140 episodes available.