Hoxe falamos coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González, de distintos temas da actualidade municipal, pero tamén, como presidenta do GDR 14 Eu Rural, da viaxe a Italia realizada a semana pasada.
Abordamos o premio Día da Cooperación outorgado á Eurocidade Tomiño-Cerveira, as obras nos soportais de Goián, na Costa en Estás, e o cambio de luminarias.. Tamén se referiu a Feira de Cultivos que se celebra a próxima semana, e deu conta do estado das obras da Biblioteca que agardan poida abrir en outono.