Hoxe coñecemos o proxecto que no ámbito Stem presenta o CEIP nº1 no congreso educativo EducODS 2030. Investigaron a historia das carrilanas e aprenderon a construílas. Pero tamén realizaron outros xoguetes con material de Refugallo. Así nolo contou Nataxa Pérez, a profesora deste ámbito, xunto a Elena, Yasir, Xoán, Ibai, Noa, Breixo e Xabi, alumnado do centro.