A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño celebra este domingo o seu Xantar Solidario 2024, un acto público aberto a todo aquel que desexe participar.
Será en Torroña, en Oia. Un xantar no que amosarán o seu agradecemento a todas as persoas voluntarias que colaboran con SOS Tomiño Baixo Miño, e aos colaboradores, e tamén dar a coñecer o traballo que realizan.
O prezo de cada invitación é de 25 euros. A infantil é de 15 euros. Tamén teñen á venda rifas ao prezo de 5€ para o sorteo dun xantar na Tapería La De Manu, en Tui e unha sesión no Balneario de Caldelas.
As persoas interesadas poden contacatar cos teléfono 655 60 79 35 ou 654 147 310 ou a través da web https://www.sostomino.org/