O vindeiro luns,27 de xaneiro, celébrase a tradicional Romaría de San Xulián no cumio do monte Aloia. Todos os anos un grupo formado por máis de 50 persoas parte dende a cafetería El Pilar ás 9:00 h para subir a pé.
Unha das novidades deste ano é a posibilidade de subir ao monte en tren turístico, que sairá dende a praza da Inmaculada ás 10.30 h e para o que é preciso inscribirse gratuitamente na Oficina de Turismo.
Así nolo contaron Manuel Crisóstomo e José Ángel Villaverde.