Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.
November 22, 2024Ent. Xosé Cabido, profesor de Filosofía e impulsor de obradoiros de igualdade | Especial 25NAs masculinidades disidentes centraron a conversa que mantivemos con Xosé Cabido, profesor de Filosofía e impulsor de obradoiros de igualdade dirixidos a rapaces e rapazas. Continuamos con el o noso especial 25N no programa Día a Día....more20minPlay
November 21, 2024Ent. Helena Pousa, presidenta Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica - Conmemoración Mártires de SobredoEste domingo conmemórase o 102 aniversario dos sucesos de Sobredo nos que perderon a vida Cándida Rodríguez, Venancio González e Joaquín Estévez. Como cada último domingo de novembro, este domingo á mañá terá lugar un acto conmemorativo a carón do monumento en Sobredo, Guillarei. Entre as intervencións previstas está a de Helena Pousa, presidenta Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. Con ela falamos esta mañá....more6minPlay
November 21, 2024Ent. Beatriz Rodríguez, secretaria | Asociación Callejeriños TudensesEn Tui vense de constituír a asociación Callejeriños Tudenses centrada no coidado dos gatos ue hai nas rúas da cidade. Hoxe Beatriz Rodríguez,secretaria da asociación explicaba que é Callejeriños Tudenses e porque as persoas que a integran decidiron dar o paso e constituírse como colectivo. As persoas interesadas poden contactar con Callejeriños Tudenses no correo [email protected]. Están presentes en redes sociais....more7minPlay
November 21, 2024Espazo Comercio | O FuchiqueHai seis meses que comezou a súa O Fuchique. Ao seu fronte está Cristina Rodríguez, quen explicaba que se dedican a entrenar marcas corporativas e persoais. Así nolo contou no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI....more7minPlay
November 20, 2024Especial 25 N | Equipo VioGén da Garda CivilO cabo primeiro, José Luis Gaspar; Silvia Rodríguez; Carlos Tajes; Jennifer Stegemann; Sergio Álvarez; e Mónica Iglesias conforman o equipo VioGén da Garda Civil que actúa en Tui e na comarca do Baixo Miño. Cubre un total de 14 concellos dos partidos xudiciais de Tui e de Ponteareas. Cos catro primeiros falamos hoxe no programa Día a Día, no especial 25 N....more19minPlay
November 19, 2024Ent. Eloy Carrera e Miguel Prado, Banda de Música Popular de Tui, e José Carlos Montes, SOS Tomiño | Concerto Santa Icía“Dj Sinfónico” é o título do concerto de Santa Icía que este sábado, ás 19 h, vai ofrecer a Banda de Música Popular de Tui. Será un evento solidario en favor de SOS Tomiño-Baixo Miño. Falamos co director da Banda, Eloy Carrera; cun dos integrantes, Miguel Prado; e, dende SOS Tomiño Baixo Miño, José Carlos Montes....more9minPlay
November 19, 2024Ent. Demetrio Fernández, promotor, e Elena García, técnica | Comunidade enerxética de SalcedaHoxe coñecemos máis da comunidade enerxética de Salceda de Caselas da man do seu promotor, Demetrio Fernández, e da súa técnica, Elena García....more12minPlay
November 19, 2024Ent. Carmen González e Ana Rodríguez | Especial 25N recursos a dispor da vítimas de violencia de xénero e o seu entornoHoxe continuamos no espazo dedicado ao 25N no programa especial Día a Día coñecendo os recursos que están a dispor das mulleres vítimas de violencia de xénero ou do seu entorno. Fixémolo con Carmen González, traballadora social do Concello de Tui, e Ana Rodríguez, xurídica do Centro de Información á Muller, CIM, de Mos....more27minPlay
November 19, 2024Ent. Rafael Estévez, Arlindo Sousa e Justi Peixoto | VIII Urban Trail NightEste sábado 23 celébrase na Eurocidade Tui-Valença a oitava Urban Trail Night que partirá dende Valença e rematará en Tui. Hoxe falamos con Rafael Estévez, concelleiro de Deportes de Tui, Arlindo Sousa, vereador de Desporto de Valença e Justi Peixoto, de Sra. Emilia e un dos organizadores, para coñecer todos os detalles desta cita que agarda chegar aos 600 participantes....more14minPlay
November 18, 2024Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui | Programación 25N 2024“Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz, contra as violencias machistas!” é o lema da programación do 25N do Concello de Tui. Hoxe falamos da mesma coa concelleira de Igualdade, Ana Núñez. Con ela abrimos o espazo dedicado ao Día Internacional contra a Violencia de Xénero que imos realizar diariamenta até o próximo mércores 27....more24minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,485 episodes available.