A Banda de Acordeóns Metropolitana formada por 43 instrumentistas e 21 voces, ofrecerá un concerto mañá sábado, 20 de abril, ás 18 h no Centro Dotacional do Medio Rural en Torroso, Mos. Será dentro do VII Concerto Audición no que tamén participarán a Asociación Música Vica, Norberto Magín, a Orquestra de Acordeóns Hauspoka de Navarra, e alumnado das Escolas de Música de Irurtzun e Bulada- Villava de Navarra. Falamos do concerto con Arturo Carreira, Raúl Francés e Vicente Álvarez do Concerto da Banda de Acordeóns Metropolitana.