Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,143 episodes available.
August 21, 2023Ent. Jorge Ribeiro da Comisión de Festas da Guía de Randufe - Partido Solteir@-casado -@diverciado@A Comisión de Festas da Guía, de Randufe, recupera os tradicionais partidos de Solteiros/as contra Casados/as e coma novidade incorporan divorciados/as. A cita será este sábado, 26 de agosto, a partir das 18.30 h no Álvarez Durán como explicaba Jorge Ribeiro, membro da Comisión de Festas....more6minPlay
August 18, 2023Ent. Yusef, Julio Solleiro, Rebeca Estévez e Lorena Álvarez - Programa "Vacacións en paz"Yusef esta a pasar o verán en Tui dentro do programa "Vacacións en paz" de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Hoxe estivo no programa #DíaaDía xunto a Julio Solleiro e Rebeca Estévez, a súa familia acolledora, e a Lorena Álvarez que acolle a Yahida, a outra nena saharauí que tamén pasa o verán en Tui....more17minPlay
August 18, 2023Ent. Alex Fernández de Pelepau - Concerto en CaldelasHoxe comeza o III Festival Folk Internacional do Miño na Ribeira de Caldelas organizado pola Asociación Cultural A Insua. Ás 22 h fará un pasarrúas e actuará a Banda de Gaitas Arume de Malvas e logo estará en concerto o grupo Pelepau. Falamos cun dos seus membros Álex Fernández....more9minPlay
August 18, 2023Ent. Manuel Pedrares, técnico do Kaiak Tudense - Romaría + Descenso Popular + Descenso InternacionalMañá sábado celébrase a Festa do Miño que comezará ás 12 h na ribeira de Caldelas coa Romaría Popular. ÁS 16 h terá lugar a saída do Descenso Popular e ás 18.30 h do Internacional. Ambas probas reunirán a máis de 1000 persoas en piragua no río Miño. Manuel Predrares, técnico do Kaiak Tudense, deunos hoxe todos os detalles destes eventos declarados Festa de Interese Turístico Galego....more11minPlay
August 17, 2023Ent. Pedro Villaroel, Juan Eiras e Daniel Pequeño - Concerto de Verán da Agrupación Musical de GoiánTodo preparado para o concerto de verán da Agrupación Musical de Goián. Ía ter lugar mañá venres, pero debido á previsión de choiva foi adiado para o domingo. Así celebrarase o domingo ás 21 na praza do Seixo. Baixo a dirección de Pedro Villarroel, a banda de Goián contará coma agrupacións convidadas cos Chavellos de Mos, dirixido por Juan Eiras, así coma co zanfonista Vitor Soto, Tonhito de Poi e a Treboada do Baixo Miño....more13minPlay
August 17, 2023Ent. Pepín Solleiro da Protectora de Animais Aloia - Aloia Fest 2023Este domingo na terraza do Club Náutico San Telmo celebrarase o Aloia Fest organizado pola Protectora de Animais Aloia de Tui. Dende ás once da mañá até ás doce da noite poderá gozarse de música en directo, charlas, sorteos, e un posto solidario. Así nolo contaba Pepín Solleiro, tesoureiro da Protectora Aloia....more16minPlay
August 17, 2023Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui - Festa Gastronómica 2023Este sábado a partir das 20 h celébrase na rúa Compostela a XI Festa Gastronómica que pechará a programación da Festa do Miño que comeza ao mediodía en Caldelas. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicaba os pormenores deste evento festivo, a animación músical de rúa, e as asociacións participantes. Tamén se refería ao traslado a San Domingos do Festival de Bandas de Música mañá venres, e anticipaba algunhas das propostas que chegarán en setembro....more9minPlay
August 16, 2023Ent. Eloy Carrera e Manuel Madarnás - XXVIII Festival de Bandas de MúsicaA Banda de Música Popular de Tui e a Unión Musical de Tenorio de Cerdedo-Cotobade serán este venres as protagonistas do XXVIII Festival de Bandas de Música de Tui que se vai celebrar a partir das 21 h na igrexa de San Domingos, debido á previsión de choiva.Falamos do mesmo con Eloy Carrera, director da Banda, e Manuel Madarnás, músico....more10minPlay
August 11, 2023Ent. Lucas González Amoedo, secretario da Comisión de Festas - Festas de San MamedeEste domingo en Guillarei celebran as festas na honra ao seu patrón, San Mamede. O programa festivo inclúe as tradicionais poxas, concerto da Banda de Música Popular de Tui, misa solemne e procesión. Amais aproveitarán para presentar o cartel das Festas da Virxe das Dores, coma nos explicaba Lucas González, secretario da Comisión de Festas....more4minPlay
August 10, 2023Ent. Beatriz Fontán e Samuel Diz - Balance Música no Claustro 2023Hoxe en Día a Día estiveron connosco Beatriz Fontán e Samuel Diz para facer balance da edición deste ano de Música no Claustro que rematou cos concertos este luns, pero que até onte estivo coa gravación do disco de Iria Folgado e que sairá á luz a finais de ano. Hoxe facían balance do evento destacando ao público que acode ao mesmo....more16minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,143 episodes available.