Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,286 episodes available.
November 09, 2023Ent. Sonia Mirón, escritora - Presentación da súa novela "No son mariposas, son elefantes""No son mariposas, son elefantes" é a cuarta novela xuvenil de Sonia Mirón. Esta mañá no programa Día a Día falamos con esta desta obra, e explicaba que as catro novelas que ten publicado até o momento abordan temas moi realistas que abordan problemas e plantexan solucións que se dan nas familias. Mañá presentará a novela ás 19 h na libraría Espazo Lector Nobel....more17minPlay
November 09, 2023Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui . Obras Corredoira/González Besada, praza de Abastos, Camilo José Cela...O convenio asinado coa Deputación para o financiamento das obras en Augusto González Besada e na Corredoira, as obras no edificio municipal e na rúa Camilo José ou na praza de Abastos, foron algúns dos asuntos que abordamos esta mañá co alcalde de Tui,Enrique Cabaleiro....more7minPlay
November 08, 2023Ent. Francisco Álvarez Koki, escritor - Presentación Hijos de laluz y de la ira e Louvor de AbrilEste venres, ás 20 h na casa cultural da Comunidade de Montes de Camposancos, na Guarda, o escritor Francisco Álvarez “ Koki” presentará os seus dous últimos traballos “Hijos de La luz y de la Ira” e “Louvor de abril”. Hoxe falounos da súa obra no programa D'a a Día....more10minPlay
November 06, 2023Ent. Laura Santiago, profesora do CEIP nº2 - Xornada “Educar en igualdade de Xénero"O CEIP nº2 organiza a Xornada de Formación para as familias e profesorado titulada “Educar en igualdade de Xénero. A importancia dunha Educación sexual en calidade”. Terá lugar o martes 14 de novembro de 16:30-18:30h no salón de actos do centro. Correrá a cargo da pedagoga e sexóloga Erea Devesa. Está destinada a familias, profesorado e aberta a todas aquelas persoas que queiran participar de todos os centros educativos da contorna. Laura Santiago profesora do CEIP nº2 explicaba o obxectivo destas xornadas....more7minPlay
November 06, 2023Ent. Ana Carpintero e Fran Alonso de SomosOcéano - Colección El Día de la BestiaA empresa tudense SomosOcéano volve aliarse coa sétima arte. Tras a colección dedicada a Pedro Almodovar, lanza agora unha colección con edición limitada da película “El Día de la Bestia” de Álex de la Iglesia. Hoxe mesmo comeza a prevenda da coleción na súa web e nas tendas seleccionadas. Hoxe falamos precisamente desta colección con Ana Carpintero e Fran García....more16minPlay
November 03, 2023Ent. José Fernández, presidente Dalle Gas - XVIII Mercadiño e Exposición de Motos AntigasO pavillón de Goián acolle mañá sábado de 10 a 14 e de 16 a 20 h e o domingo de 9.30 a 14.30 h o XVIII Mercadiño e Exposición de Motos Antigas organizado pola Asociación de Amigos das Motos Antigas Dalle Gas. Falamos co seu presidente José Fernández....more10minPlay
November 03, 2023Ent. Remedios Carrera do Grupo San Roquiño - Estrea da longametraxe "Goián Vaciado"O grupo San Roquiño estrea esta fin de semana a súa sexta longametraxe "Goián vaciado". Haberá catro pases o sábado ás 18 h e ás 20 h e o domingo ás 17 h e ás 19 h. A entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros que se doarán á SOS Tomiño-Baixo Miño e Conrazones. Falounos deste traballo Remedios Carrera do grupo San Roquiño....more5minPlay
November 03, 2023Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado - Inicio das obras da praza de AbastosDebido ao inicio das obras de reforma integral do edificio o próximo luns, martes e mércores a praza de Abastos permanecerá pechada para o traslado dos postos á parte dianteira do edificio, así nolo explicou hoxe a concelleira de Comercio, Ana Núñez....more6minPlay
November 03, 2023Ent. Juana Parada, xerente de ORPAGU - Presentación finalización do proxecto AutopescaORPAGU presentou este martes na súa plan no Parque Empresarial de Areas a finalización do seu proxecto Autopesca, desenvolvido en colaboración co CTAG para mellorar as condicións de traballo tendo en conta o importante peso das especies que capturas. A súa xerente Juana Parada explicaron os dous sistemas presentados coma son os exoesqueletos que axudarán na carga do peixe, e tamén o sistema semiautomático para o pelado da quenlla conxelada, e unha máquina de clasificación semiautomático....more9minPlay
November 02, 2023Ent. Laura de Gabriel, cantante de Uxía Lambona e a Banda Molona - Concerto no Teatro Municipal de Tui"Un soño é..." é o título do espectáculo musical que mañá venres, ás 19.30 h, Uxía Lambona e a Banda Molona, presenta no Teatro Municipal de Tui. Falamos do mesmo coa cantante da banda Laura De Gabriel quen explicaba que até Tui chegarán con este novo espectáculo estreado este verán cheo de enerxía e de animación....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,286 episodes available.