Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,289 episodes available.
October 19, 2023Ent. Ana Alonso de Cabuxa - Participación no II Foro de Muller RuralAna Alonso, creadora de Cabuxa, con obradoiro en Baldráns, presentará mañá o seu proxecto no III Foro da Muller Rural que organiza Eu Rural, representando ao Concello de Tui. Hoxe falamos con ela de Cabuxa, que deseña e crea complementos en pel únicos e irrepetibles, e tamén do emprendemento feminino do rural....more9minPlay
October 19, 2023Ent. Miguel Angel Martínez e Manuel Diz de Xuntanza - X Mostra Teatral Miguel TroncosoEste domingo comeza en Randufe a X Mostra Teatral Miguel Troncoso organizada pola Asociación Cultural Xuntanza. Hoxe Miguel Angel Martínez e Manuel Diz, presidente e tesoureiro, déronnos todos os detalles desta iniciativa. Tamén avanzaron a charla “Toponimízate” que se vai celebrar o xoves 26....more11minPlay
October 19, 2023Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Medio Rural - Numerosas incidencias rexitradas polsas intensas choivas de onteNumerosas incidencias as rexistradas onte en Tui debido as intensas precipitacións caídas tal e coma explicaba o concelleiro de Medio Rural, Rafael Estévez. Alertaba sobre a situación do muro das escaleiras dende a praza da Estrela ao Paseo Fluvial con risco de desplome. Tamén das inundacións en edificios municipais, entre eles o Centro Municipal de Piragüismo, e os anegamentos en Antero Rubín, a Avenida da Concordia ou de Portugal, entre outras....more6minPlay
October 18, 2023Nicolas Locenzo Montes, voceiro PP -Rolda OutubroO voceiro do Partido Popular de Tui, Nicolás Lorenzo Montes, fixo hoxe balance, no programa Día a Día, do último pleno extraordinario celebrado pola corporación municipal de Tui...more25minPlay
October 18, 2023Ent. Judicael Romero de Vioncas Bake - Premio á Tapa Máis Innovadora no Campionato de Tapas e Pinchos en OurenseA empresa tudense Vioncas Bakes recibiu onte o Premio á Tapa Máis Innovadora no Campionato de Tapas e Pinchos de Ourense organizado pola Academia da Tapa e do Pintxo, coa empanadilla "Intelixencia emocional". Hoxe o seu cociñeiro, Judicael Romero, falou desta creación na que coidaron todos os detalles, dende un especial empratado nunha peza feita pola artesá tudense Conchi Garrido, até a materia prima e a elaboración da propia empanadilla....more10minPlay
October 17, 2023Ent. Ester López, psicóloga de Avelaíña - Día da Saúde MentalO pasado 10 de outubro foi o Día da Saúde Mental. Por este motivo hoxe falamos con Ester López, psicóloga de Avelaíña. Falounos do labor que realizan, da saúde mental e da necesidade de máis recursos....more11minPlay
October 17, 2023Ent. Antonio “Toñyto” García e Porri “Potrillo” - Los Jinetes del TrópicoHoxe no programa Día a Día acompañáronnos Antonio “Toñyto” García e Porri “Potrillo” de Los Jinetes del Trópico. Hoxe nos contaron coma comezou esta banda, os cambios que houbo no grupo, a actual formación xunto a Ninico el Negro, e coma foi o verán de actuacións, e dos próximos proxectos....more17minPlay
October 17, 2023Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda OutubroHoxe abordamos os asuntos tratados no último pleno extraordinario da corporación municipal de Tui coa voceira do BNG, Carmen Núñez....more18minPlay
October 16, 2023Ent. Manuel Vázquez de la Cruz - Presentación libro “Ribadelouro: terra e auga é vida”“Ribadelouro: terra e auga é vida” é o libro que Manuel Vázquez de la Cruz presentou o pasado sábado na Sala Félix Rodríguez. É, nas súas palabras, unha homenaxe á Ribadelouro, ao seu pai, e un chamemento a que non se desfagan os bosques. Así nolo contou o pasado venres en Día a Día....more13minPlay
October 11, 2023Sección Compostaxe - Mércores, 11 de outubro de 2023Hoxe coma cada mércores no programa Día a Día acompañounos a mestra composteira do Concello de Tui, Sara Luque. Hoxe deu conta da alta demanda rexistradas nos últimos días de trampas e doses de atraínte para loita contra a velutina, que esgotaron as existencias dispoñibles. Tamén lembrou o servizo de cesión de uso de biotrituradoras que ten o Concello e que ten tamén unha boa acollida....more6minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,289 episodes available.