Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,143 episodes available.
June 16, 2023Ent. Carolina Figueroa de CPA Ribex - Tui sobre rodasO Pavillón Gustavo Rodríguez acolle este domingo, 18 de xuño, ás 17.30 h o festival 'Tui sobre rodas' organizado polo Club de Patinaxe Artístico Ribex. Os e as deportistas do Ribex amosarán todo o aprendido nesta temporada. Contarán tamén con grupos convidados. En total participarán 210 patinadores e patinadoras. A entrada é gratuíta....more5minPlay
June 15, 2023Ent. Manuel Fálquez, director CEIP Pazos de Reis - Aloiada 2023Na Galiñeiro comezou esta mañá a aventura dos 120 alumnos e alumnas de Tui que participan hoxe e mañá na Aloiada 2023 que recupera a súa esencia tras a pandemia. Serán dúas xornadas intensas con múltiples actividades en plena natureza no Galiñeiro, no Aloia e no río Miño....more5minPlay
June 15, 2023Ent. Conchi Regueiro, escritora - Presentación da súa nova novela "Las Alsacianas"A escritora tudense Conchi Regueiro presenta hoxe as 20 h, na libraría Cartabón en Vigo, o seu novo libro “Las Alsacianas”.A propia Conchi Regueiro explicounos o argumento da novela....more8minPlay
June 15, 2023Ent. Antonio Gonçalves Vilarinho - X Encontro Galaico MinhotoEste sábado e domingo celébrase o X Encontro Galaico Minho no entorno do mosteiro medival de San Fins en Friestas en Valença. Antonio Gonçalves Vilarinho explicaba as actividades previstas que teñen carácter gratuíto salvo a cea do sábado que ten un prezo de 20€ e o xantar do domingo de 12€ sendo preciso inscrición previa no 00 351 251 829 068 ou no 00 351 965 40 55 45...more11minPlay
June 13, 2023Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa en funcións do Rosal e candidata do BNG - Pacto BNG e PSOEHoxe mantivemos unha conversa con Ánxela Fernández, alcaldesa en funcións do Rosal e candidata do BNG, sobre o pacto ao que chegará a súa formación co PSOE do Rosal para formar goberno....more6minPlay
June 13, 2023Ánxela Fernández, alcaldesa en funcións e candidata do BNG - Pacto BNG e PSOEÁnxela Fernández será investida este sábado de novo como alcaldesa do Rosal, tras o acordo acadado entre o BNG e o PSOE para formar un goberno de coalición. Explicaba en declaracións á nosa emisora que teñen moitos puntos en común nos que seguir a traballar. amosaba a súa satisfacción polo acordo acadado que dicía “foi moi doado”....more6minPlay
June 12, 2023Sección Anarela - II Festival de Lingua de SignosEste mércores celébrase o Día Nacional da Lingua de Signos. Por este motivo o Centro Anarela de Tui vai celebrar o mércores ás 19.30 h no Teatro Municipal o segundo Festival de Cancións en lingua de signos.A entrada será un quilo de alimentos para SOS Tomiño Baixo Miño, ou para a Protectora de Animais Aloia ou para Patudos Peludos. Así nolo contou Iria Márquez, intérprete de lingua de signos....more9minPlay
June 12, 2023Ent. Rita Álvarez, Sara Uris e Fabiola Blanco - III Encontro de Realidades DiversasEste venres celebrarase o III Encontro de Realidades Diversas no local de Flores Rita (rúa A Guarda, nº 2) ás 20 h. Búscase con el ofrecer un espazo libre e seguro para abordar as diferentes formas de amar e tamén de ser, co gallo do Día do Orgullo. Falamos coas coordinadoras do evento e con Fabiola Blanco, muller que contará a súa historia o venres....more14minPlay
June 12, 2023Ent. César Bona, profesor - Participación no Congreso EducODS Educación Sostible"Educación Sostible" foi o título da charla que ofreceu o pasado venres no congreso EducODS organizado polo CEIP nº1 de Tui, César Bona. Con el falamos o venres pola mañá deste congreso e da súa charla....more5minPlay
June 12, 2023Ent. José Manuel Quintana do Tyde - Ascenso do Tyde a 1ª RexionalO Tyde é equipo de Primeira Rexional. No partido de volta onte en Gondomar quedaron 0-2, co que se igualou o resultado do partido de Ida 2-0, polo que foi preciso ir aos penaltis. O Tyde venceu nesta quenda 3-2, co que logrou o ascenso. José Manuel Quintana do Tyde explicaba hoxe coma foi ese partido no que remontaron e conseguiron o obxectivo. Tamén falaba xa de como está o equipo de cara a próxima temporada tras este ascenso....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,143 episodes available.