O CB Tui organiza un campus para este verán, do 26 de xuño ao 1 de xullo, no pavillón municipal de Tui.
Será en horario de 9 h a 14.30 h e haberá baloncesto, pero tamén concursos, sendeirismo, competicións, actividades na piscina municipal, xogos ou visitas pola cidade.
Javier Niño, o director deportivo do club, explicou hoxe os detalles.