O vello pavillón municipal acollerá este sábado dende ás 11.15h a exhibición de fin de curso do Judo Club Tudense.
José Ramón Solla Prieto, adestrador, explicaba que nesta exhibición amosarán todo o aprendido polos 190 alumnos e alumnas do club de Tui, Tomiño e Salceda este curso.
Tamén daba os detalles do I Campamento de Verán que celebrarán os meses de xullo e agosto no Centro Interfederado para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Inscrición no 616 32 89 66, no 644 20 54 60 ou en [email protected].