A complicada situación pola que está pasando a empresa Ganomagoga xurdiu tras a comunicación dun ERE de extinción, o que supón o peche da compañía.
Nos seus inicios, Ganomagoga foi conformada por socios tudenses, e na actualidade, dá traballo a, polo menos, 15 persoas de Tui. Para coñecer o crítico momento polo que estes traballadores están a pasar, falamos co presidente do Comité de Empresa, Xabier Pérez.