Falamos de recordos, do pasado, de fotografías e de palabras que recordan tempos e personaxes dun lugar: o pobo da Gándara e, por extensión, da Guarda.
E falamos dun libro, de “Personaxes e oficios de tradición popular”, elaborado con numerosas fotografías dese pobo, e tamén dos barrios de Pintán e Proba. O autor é Victoriano Rodríguez, con quen falamos hoxe.