Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,495 episodes available.
August 04, 2023Ent. Sarai Limia da AC Santa Columba - Festival FolclóricoO recinto do Centro Cultural de Ribadelouro acolle mañá sábado ás 20.30 h un Festival Folclórico organizado pola Asociación Cultural Santa Columba no que van participar Os Pendiños de Atios, Os Ventos de Comesaña, a Treboada La Bravesca e os organizadores, a asociación Santa Columba. Ao remate haberá foliada....more4minPlay
August 03, 2023Ent. Samuel Diz e Andres Barreiro - Música no ClaustroDende este martes as campás da Catedral tocan ás 20.30 h chamando ao concerto diario de Música No Claustro. Faino da man da Asociación de Campaneiros de Galicia, tras a recente declaración do toque de campás coma Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO, Para falar desta intervención sonora acompañáronnos en Día a Día Samuel Diz, director do festival, e Andrés Barreiro, da Asociación de Campaneiros de Galicia....more16minPlay
August 03, 2023Ent. Salvador González, presidente da Comisión - Festas de San Caetano en ParamosO Monte das Penizas en Paramos volverá acoller esta fin de semanas festas de San Caetano dende sábado até o luns. Comezarán o sábado cun polbeiro e as primeiras actuacións. Actos relixiosos, concertos da Banda de Gaitas de Paramos e da Popular de Tui e as verbenas co Dúo California, Paradanta, Talismán, La Travesía e Rítmo...more6minPlay
August 02, 2023Ent. Manuel Pedrares, técnico Kaiak Tudense - Descenso Popular e Descenso Internacional do MiñoEsgotadas xa as piraugas de aluguer para o Descenso Popular do Miño que se vai celebrar o sábado 19 organizado polo Club Kaiak Tudense. A inscrición está aberta aínda con pirauga propia. Así nolo contaba Manuel Pedrare, técnico do Kaiak Tudense, quen daba tamén os pormenores da Romaría Popular en Caldelas. Avanzaba tamén datos de participación no Descenso Internacional....more9minPlay
August 02, 2023Ent. Gerhard Grenzing, organeiro - Participación en Música no ClaustroEmocionado ao cruzar as portas da Catedral e reatoparse co órgano barroco estaba onte á tarde Gerhard Grenzing, o organeiro que hai 28 anos reconstruíu este instrumento da Catedral de Tui. Con el falamos onte na propia catedral....more9minPlay
August 02, 2023Ent. Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga -Ampliación prazo de presentación de ofertasAmplíase nun mes o prazo para que se presenten ofertas de compra sobre Ganomagoga. O xulgado así o vén de establecer logo da solicitude realizada polos traballadores. A oferta presentada até o de agora contemplaba só o mantemento de 32 postos de traballos. Así o explicaba Xabier Pérez, presidente do Comité de Empresa....more7minPlay
August 01, 2023Ent. Lucy Durán e Samuel Diz - Música no ClaustroLucy Durán ofrecerá mañá mércores ás 18.45 h unha conferencia sobre a kora en Música no Claustro. Esta mañá acompañounos no programa Día a Día para falar deste instrumento, da súa música e de Ballake Sissoko, que mañá ofrecerá un concerto de kora no festival. Tamén estivo connosco o seu director, Samuel Diz....more20minPlay
August 01, 2023Ent. A Fada do Aloia e Luz - Casamento polo rito Celta no AloiaAntonio e Luz son unha parella de Córdoba que hoxe van casar no Parque Natural do Monte Aloia polo rito Celta nunha cerimonia oficiada pola Fada do Aloia. Coñecemos os detalles coa propia fada e con Luz....more13minPlay
August 01, 2023Ent. Katia Rocha e Jonathan Soliño do Centro Cultural San Fins - Romaría de San Fins 2023Coma cada primeiro domingo de agosto este domingo celébrase a Romaría de San Fins en Rebordáns. Pero as actividades comezan xa o sábado con chourizada e foliada popular, e logo xa o domingo a saída do santo, subida en chimpíns e tractores, misa e procesión, música e xantar campestre. Así nolo contaron Katia Rocha e Jonathan Soliño do Centro Cultural San Fins....more6minPlay
July 28, 2023Ent. Samuel Diz, director Música no Claustro - Edición 2023 ConcéntricasEsta mañá acompañounos no programa Día a Día Samuel Diz, director de Música no Claustro. Con el falamos de todo o que nos brindará dende o próximo martes día 1 a décimo sétima edición dun festival que este ano ten por lema "Concéntricas"....more12minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,495 episodes available.