A Asociación San Xerome Emiliani da Guarda leva anos traballando pola mellora das condicións de vida de persoas con algunha discapacidade e tamén das súas familias.
Hoxe falamos sobre o seu novo proxecto, Fogares Sanxe, que ten por obxectivo facilitar ás persoas con discapacidade e ás súas familias unha solución residencial que non sexa unha residencia.
Ciano Valcárcel, o xerente do centro, explicaba hoxe que crearán fogares onde os residentes podían tomar as súas propias decisións.