Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,297 episodes available.
April 19, 2023Ent. Carlos Lago, profesor e debuxante - 'A parte dos anxos'Carlos Lago, docente e debuxante, ilustrou e editou o libro 'A parte dos anxos' xunto á escritora Emma Pedreira. Hoxe explicounos de que se trata este libro (o primeiro para el) que mestura o humor negro co terror e o debuxo....more14minPlay
April 18, 2023Ent. Ángel Sánchez, codirector do Play-DocHoxe falamos cun dos directores de Play-Doc, Ángel Sánchez, que fixo un breve repaso polas primeiras actividades organizadas. A xornada inaugural será o próximo mércores 26 de abril, rendindo homenaxe a Calpurnio, que dende o inicio encargouse da imaxe do festival....more9minPlay
April 18, 2023Ent. Santiago Veloso, coordinador, e Xerardo Pereiro, ponente - Encontros monográficos 'In Situ'Hoxe ás 19 h no Teatro Municipal de Tui terá lugar 'In Situ, os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural', unha iniciativa do Consello da Cultura Galega e Ponte Nas Ondas. Falamos con Santiago Veloso, coordinador de PNO, e Xerardo Pereiro, da Universidade de Tras-Os-Montes....more9minPlay
April 18, 2023Programa especial polos 30 anos da Radio Municipal de Tui.O pasado domingo, 16 de abril, cumpríanse 30 anos da primeira emisión desta radio. Conmemorámolo cun programa especial en directo coas actuacións de Best Boy, Rockin Gina e Pancho Álvarez, e moitas visitas. Aquí está o programa completo....more2h 5minPlay
April 18, 2023Ent. Ana Barreiro, da Escola de Organización Industrial - Coworking de emprendemento.Até mañá mércores está aberta a inscrición para participar no coworking emprendendor da EOI en Tui. Vai dirixido a persoas que teñan un proxecto de negocio. Este programa aportará formación e acompañamento. Ana Barreiro, da EOI, daba todos os detalles....more11minPlay
April 14, 2023Ent. Fran Gómez, músico tudense - Concerto Rockin'1000O músico tudense Fran Gómez acturá o 3 de xuño ante milleiros de persoas no estadio Wanda Metropolitano como parte do Concerto Rockin'1000, a maior banda de rock do planeta....more6minPlay
April 14, 2023Ent. Miguel Enríquez e Secundino Domínguez, grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis - 'Deus (unha comedia)'Ás 21:00 h terá lugar a última cita da XIII Semana de Teatro Amador. Será co estreo da obra “Deus (unha comedia)” do grupo de Teatro Aloia de Pazos de Reis. Miguel Enríquez e Secundino Domínguez son dous dos integrantes deste grupo, e hoxe explicaron na nosa sintonía o argumento desta disparatada obra....more6minPlay
April 14, 2023Ent. Javier Ribadulla, comisario da exposición, e Carlos Castelao, historiador - 'As orixes da fotografía en Tui'“As orixes da fotografía en Tui” é a mostra fotográfica que, até finais de abril, está aberta na sala municipal de exposicións de Tui. Hoxe dannos todos os detalles un dos seus comisarios, Javier Ribadulla, e o historiador Carlos Castelao....more21minPlay
April 13, 2023Ent. Sofía González, directora do grupo de teatro A Insua de Caldelas - 'E ti, aque escola fuches?'Hoxe prosegue a XIII Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui. Ás 21:00 h o grupo de teatro A Insua de Caldelas presentará a súa obra 'E ti, a que escola fuches?'. Hoxe falamos coa súa directora, Sofía González....more7minPlay
April 13, 2023Ent. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes, e Marcos González, de Hípica Marcos - Feira Cabalar de San TelmoEste domingo 16 e o luns 17 de abril terá lugar en Tui a tradicional Feira Cabalar de San Telmo, en San Bartolomeu. Rafael Estévez, concelleiro de Deportes do concello de Tui, e Marcos González, un dos organizadores, de Hípica Marcos explicaron hoxe os detalles no programa Día a Día....more16minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,297 episodes available.