Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,495 episodes available.
September 20, 2023Ent. Emilio Rodríguez, director enolóxico de Terras Gauda - Proxecto FlexigrobotsTerras Gauda presentou onte o último ensaio do proxecto Flexigrobots no que empregan drons para a detección precoz de enfermidade na viña, ou robots para apoiar labores coma o transporte de caixas na vendima ou para realizar inspeccións na viña. Así nolo contaba hoxe Emilio Rodríguez, director enolóxico de Terras Gauda. Levan dous anos e medio traballando neste proxecto europeo....more10minPlay
September 20, 2023Ent. Elena Espinosa e Iria Romero - Monográfico de francés orientado ao sector turísticoA sección de Tui da Escola Oficial de Idiomas vai impartir un curso monográfico de francés orientado ao sector turístico pero tamén coma viaxeiros. Consta dun total de 120 horas que se impartirán os mércores e venres de 17 a 19 h. Faláronnos do mesmo Elena Espinosa, xefa de estudos da EOI de Tui, e Iria Romero, profesora de francés. A matrícula debe facerse no IES San Paio de 17 a 19 h esta semana, e a próxima no horario que publicarán na súa web. As prazas son limitadas....more7minPlay
September 20, 2023Ent. Jorge Conde - Baixo Miño Dior, mellor doberman do Mundo no IDCHai uns días estivo na nosa sintonía o tudense Jorge Conde logo de que o seu doberman, Baixo Miño Dior, se proclamou Campión do Mundo no IDC en Eslovaquia.Contounos como se desenvolveu o campionato, os valores que se teñen en conta e tamén a súa satisfacción tras lograr facer o seu soño realidade....more12minPlay
September 19, 2023Ent. Carlos Lorenzo, da Asociación Galega de profesionais da xestión cultural - 'Coidar de nós para coidar da cultura'Carlos Lorenzo, da Asociación Galega de profesionais da xestión cultural presentará este sábado ás 10.30 h ES na ESCE en Valença o proxecto "Coidar de nós, para coidar da cultura" dentro da programación de faladoiros do Mumi. Falamos con el deste proxecto e do propio Mumi, sobre o que salientaba a relevancia que en tan pouco tempo ten acadado....more11minPlay
September 19, 2023Ent. Antonio Conde, secretario xeral do sector ferroviario de CCOO - Proposta de tren circular por GaliciaHoxe coñecemos con Antonio Conde, secretario xeral do sector ferroviario de CCOO a proposta de tren circular por Galicia que é complementaria á anterior proposta de tren de cercanía intermodal e transfronteirizo....more15minPlay
September 19, 2023Ent. Javier Pérez, presidente do Comité de Empresa de Ganomagoga - Ampliación do ERTEO Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra prorrogou até o 19 de xaneiro de 2024 o ERTE de Ganomagoga Logistics e Aplimega. Falamos sobre esta prórroga con Javier Pérez, presidente do Comité de Empresa, quen indicaba que agardan estar traballando de novo a finais de outubro ou comezos de novembro unha vez se formalice a venda da empresa....more6minPlay
September 18, 2023Ent. Ánxela Vila de Urdime - Mumi 2023A industria músical de Galicia e Portugal darase cita dende este xoves e até o domingo na Eurocidade Tui-Valença. Ánxela Vila de Urdime que forma parte da organización, daba hoxe todos os detalles do que será esta cuarta edición....more13minPlay
September 15, 2023Ent. José Martínez Tato de AndaTui - Andaina de Fortaleza a FortalezaCompletas as prazas para a Andaina de Fortaleza a Fortaleza que organiza o club Andatui para o sábado 23 deste mes. Percorrerá Tui, Valença, Vila nova de Cerveira e Tomiño. Falamos da mesma con José Martínez Tato de Andatui....more6minPlay
September 15, 2023Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado - Aprobación expediente de licitación reforma da praza de AbastosEsta mañá no programa Día a Día falamos con Ana Núñez, concelleira de Comercio e Mercado, tras a aprobación onte en pleno do expediente de licitación do proxecto de reforma da Praza de Abastos. Sairán a licitación nos próximos días. As obras teñen que estar rematadas o próximo verán....more17minPlay
September 15, 2023Lucas González secretario da Comisión de Festas - Festas na honra á Virxe das Dores en GuillareiTodo preparado en Guillarei para celebrar as festas na honra á Virxe das Dores que comezan esta tarde e se prolongan até o próximo luns. Hoxe terá lugar a lectura do pregón a cargo de Manu Garrido, e o acendido do alumeado, que darán paso ás verbenas e concertos de bandas de música previstos estes días....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,495 episodes available.