‘Historias de pedra, Tui e as súas parroquias’ é o título do libro de Rosa María Vila, artista tudense que recolle nas súas páxinas máis de 20 debuxos de Tui e das parroquias.
Este venres día 3, ás 19 h, o edificio Francisco Sánchez acollerá a presentación deste libro, á venda nas librerias tudenses.
Hoxe mantivemos unha entrevista con Rosa María Vila na que destacou que esta idea naceu na pandemia.