Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,495 episodes available.
September 25, 2023Ent. Adolfo Pereira e Yago Araújo do Motoclub Randufe - VI Supercross Cidade de TuiEste sábado celébrase en Tui o VI Supercross Cidade de Tui, unha proba que regresa tras dez anos de ausencia. Adolfo Pereira e Yago Araújo do Motoclub Randufe deronnos todos os detalles desta competición que se celebrará no Complexo Off Road de Tui....more9minPlay
September 25, 2023Ent. Juan González, Ismael González e Cristina Pazo - Asemblea Protección Civil de TuiHoxe con Juan González, presidente, Ismael González, secretario, e Cristina Pazo, tesoureira, falamos da renovación da directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil realizada na última asemblea anual, pero tamén doutros asuntos tratados na orde do día....more13minPlay
September 22, 2023Ent. Ricardo Da Silva, presidente Muiñeiros do Tripes - Ruta Nocturna 2023Completas as prazas para a ruta nocturna co título 'Lendas ao solpor nos muíños do Tripes' que para mañá sábado organiza Asoc. Muiñeiros do Río Tripes.Será unha visita ambientada e con pezas teatrais, que rematará con chocolate con rosca, queimada e unha cunca de agasallo. Así nolo contaba Ricardo da Silva, presidente da Asociación de Muiñeiros do Tripes....more9minPlay
September 22, 2023Ent. Ana Núñez, concelleira de Turismo - Aprazadas as dúas actividades previstas con Javier ZafraO cociñeiro especialista na gastronomía xudía, Javier Zafra, ía estar en Tui esta fin de semana para participar en dúas actividade dentro da programación 'Setembro Xudeu en Tui'. Un problema de saúde lle impiden desprazarse polo que as actividades quedan aprazadas como explicaba a concelleira de Turismo, Ana Núñez. A concelleira valoraba como se están a desenvolver as actividades gastronómicas en quince establecemento tudenses que continúan até finais de mes....more5minPlay
September 21, 2023Ent. Iria Salvado de Encaixe - Concerto de Apertura do MUMIO coro Encaixe será unha das formacións que participen no concerto de apertura do MUMI hoxe ás 20.30 h no Teatro Municipal de Tui. Actuarán tamén O Gajo e As Sanfonas da Ponte Velha e Destino do Clã.Esta mañá en Día a Día falamos con Inés Salvado que forma parte de Encaixe....more7minPlay
September 21, 2023Sección UNED -Xoves, 21 de setembro de 2023En outubro comezan as clases do grao en Psicoloxía na Aula da UNED de Tui. Este centro ofrece amais diversos de extensión universitaria coma Pandeireta, “A arte de reinventarse”, "Guía práctica para a resiliencia e autoconcepto de nenos e nenas de 6 a 10 anos” e "Danzas do mundo". Así nolo contou hoxe a súa coordinadora Minerva Ojeda....more7minPlay
September 21, 2023Ent. Paula López de Equigalia - Concurso Nacional de saltoCita destacada esta fin de semana en Tui co Concurso Nacional de Saltos ** que se vai celebrar nas instalacións de Equigalia. e que vai reunir a destacados xinetes e amazonas, entre eles o olímpico portugués Antonio Vozone. A competición comezará mañá ás 14 h e continuará até o domingo coa disputa do gran premio. A entrada é de balde. No Instagram do Club @csn_equigalia pódense consultar os horarios....more11minPlay
September 21, 2023Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obras rúas Colón e Lugo e transporte de viaxeirosAs obras na rúa Colón e na rúa Lugo e o transporte de viaxeiros por estrada foron os asuntos que abordamos esta mañá co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro...more11minPlay
September 20, 2023Ent. Lucía Laín, documentalista - Libro interactivo "O Miño Sereno"Este venres ás 20 h no Auditorio de Goián presentarase o libro interactivo “O Miño Sereno” da documentalista Lucía Laín. Hoxe falamos con ela deste proxecto que abre a colección “A memoria dos ríos” que realiza co Ministerio de Cultura y Deporte e que neste primeiro libro conta co apoio e financiamento da Eurocidade Cerveira-Tomiño....more11minPlay
September 20, 2023Ent. Diego Veiga de Moura - Showcases no MUMIA banda galega Moura actuará este sábado ás 19.50 h no Teatro Municipal de Tui dentro do MUMI, o Encontro das Músicas de Galicia e Portugal. Hoxe falamos con Diego Veiga, un dos integrantes de Moura, deste proxecto no que mesturan psicodelia, rock experimental e música tradicional galega....more9minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,495 episodes available.