Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,297 episodes available.
December 20, 2022Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Incidencia debido ao temporal de vento e choivaA intensa choiva e o vento rexistrados nas últimas horas deixaron indundacións e arrastres en estradas no concello de Oia. Así o explicaba a súa alcaldesa, Cristina Correa, quen facía un chamamento a circulación con precaución tanto na estrada de Oia a Baiona, coma até Burgueira....more5minPlay
December 19, 2022Club de Emprego - Balance do Servizo Municipal de OrientaciónHoxe no tempo do Club de Emprego fixemos balance da actividade desenvolvida ao longo do ano polo Servizo Municipal de Orientación coa concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, e coa técnica Alexandra Lago. Tamén avanzaron os proxectos para 2023....more25minPlay
December 19, 2022Sección Anarela - A identidade da miña voz"A Identidade da miña voz" foi o tema que abordamos hoxe no tempo quincenal do centro Anarela coas súas logopedas Sara Paramos e Nerea Álvarez. Con elas coñecemos que é a voz, como podemos cambiala, e en que consisten as sesións logopédicas para facelo....more7minPlay
December 19, 2022Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - 1 millón de euros para o Plan de Sustentabilidade Turística en DestinoO Concello da Guarda recibirá un millón de euros para o seu plan de Sustentabilidade Turística en Destino 2022, financiado integramente con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, explicaba polo miúdo en que consiste esta subvención e as actuacións que conlevará para o municipio....more12minPlay
December 16, 2022Ent. Mané Villa, presidente da Asociación Antonio Fernández - Libro Antonio, o pintorCon motivo do 50 aniversario da morte de Antonio Fernández a asociación que leva o seu nome en Goián editou un libro titulado “Antonio, o pintor” con textos de Sara Quintana e ilustracións de Polo Correo do Vento. Debido á pandemia a súa publicación retratouse até este ano, e agora está xa nas librarías. Falounos do libro Mané Villa, presidente da Asociación Antonio Fernández de Goián....more9minPlay
December 16, 2022Ent. Carolina Figueroa do CPA Ribex - Exhibición de NadalO domingo ás 18 h o Club de Patinaxe Artística Ribex organiza a súa exhibición de Nadal no pavillón Gustavo Rodríguez, na que contarán tamén coa visita de Papa Noel. Deunos todos os detalles Carolina Figueroa....more8minPlay
December 16, 2022Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Axudas europeasO Concello de Tomiño recibirá axudas europeas para o seu proxecto A Tenda, unha axuda do POCTEP e tamén axudas da Rede Ágora para a redacción e execución de seis novos proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e ciclables no municipio.Sobre estas subvencións falamos coa súa alcaldesa, Sandra González....more7minPlay
December 16, 2022Ent. Inmaculada Rodríguez, coordinadora de Protección Internacional en Diversidades - Exposición dez anosDiversidades Acolle inaugura unha exposicion no Edificio Francisco Sánchez coa que celebra 10 anos traballando en Galicia pola inclusión, especialmente das persoas migrantes. Dende hai 3 anos a entidade conta cun centro de acollida aqui en Tui, e hoxe falamos coa coordinadora de Protección Internacional en Diversidades, Inmaculada Rodríguez....more14minPlay
December 15, 2022Ent. Mari Carmen Álvarez, xerente da tenda El Armario de TitaActualmente, co auxe de diversas aplicacións móbiles, estase a vivir unha crecente tendencia de compra e venda de roupa de segunda man. En Tui existe, dende hai dez anos, a tenda El Armario de Tita, rexentado por Mari Carmen Álvarez....more11minPlay
December 14, 2022Ent. Leandro Nogueira, Nam Arquitectos, Jorge Enríquez e Adrián Pinaque, estudo Arqxé - Premios Gran de Area 2022Dous proxectos executados en Tui están entre os 16 galardoados na edición deste 2022 dos premios Gran de Area do Colexio de Arquitectos de Galicia. Presentáronse un total de 63 candidaturas. Hoxe falamos con tres dos catro arquitectos galardoados: Leandro Nogueira, que conforma Nam arquitectos con Ángel Manuel Matilla, e con Jorge Enríquez e Adrián Pinaque, do estudo Arqxé....more19minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,297 episodes available.