A cuarta edición da Mostra Asociativa da Guarda arrinca este sábado na praza de Avelino Vicente. Trátase dun evento participativo no que ten cabida todo o tecido empresarial da localidade cos tradicionais stands, acompañado de música, obradoiros, teatros, perfomance, xogos interactivos e tradicionais, obradoiros de nós, chapas, probas de remo ergómetro e sorteos, entre outros.
Esta mañá falamos con Fátima Rodríguez, concelleira de Educación e Formación do concello guardés.