Falamos do programa “Vacacións en paz”, posto en marcha pola Asociación Galega de Apoio ao Pobo Saharaui (Sogaps), que impulsa o acollemento de nenos e nenas saharauis en Galicia durante os meses de verán.
Hoxe estivo no programa Día a Día Maite Isla, presidenta da Asociación Galega de Apoio ao Pobo Saharaui, quen fixo balance dos acollementos deste ano, e Julio Solleiro, membro da familia acolledora de Tui deste verán.