Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,297 episodes available.
January 20, 2023Ent. Eva Pazo, ANPA CEIP Pazos de Reis; Auri Fernández, ANPA do Colexio Maristas; e Jenny Rodríguez, ASANOG - RastrilloFalamos agora de solidariedade, e facemos un balance do rastrillo solidario realizado o mes pasado polas ANPAS de todos os centros educativos de Tui no claustro do Seminario menor. Falamos con Eva Pazo, a presidenta da ANPA do CEIP de Pazos de Reis; Auri Fernández, da ANPA do Colexio Maristas Santa María; e con Jenny Rodríguez, de ASANOG....more13minPlay
January 16, 2023Ent. Diego García Fontán, preparador físico e escritor do libro 'Cómo ser mejor deportistaO tomiñés Diego García Fontán é preparador físico e actualmente traballa no CD Guadalajara da 2ªRFEF. Charlamos con el co seu recente libro, 'Cómo ser mejor deportista', e tamén da importancia da preparación física no deporte de élite....more11minPlay
January 13, 2023Ent. Xosé López, mestre do IES Indalecio Pérez Tizón, e Paco Veiga, AGXP - "Xogos tradicionais para tempos de recollida"Hoxe ás 19.30 h presentarase na Biblioteca Municipal de Tui o libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”, que foi elaborado durante a pandemia polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. Hoxe falamos con Xosé López, mestre do IES Indalecio Pérez Tizón, e Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional....more16minPlay
January 13, 2023Ent. Ricardo Rodríguez, adestrador de balonmán na Selección Galega cadete feminina - Prata no CESA 2023Ricardo Rodríguez é tudense e adestrador no BM Caselas. A pasada semana colgouse a prata no Campionato de España de Seleccións Autonómicas como parte do staff técnico da Selección Galega cadete feminina. Hoxe pasou pola nosa sintonía para relatarnos esa experiencia....more12minPlay
January 12, 2023Ent. Rebeca Blanco, historiadora, docente e investigadora - Identificación dunha nova fortaleza do século XVIIUnha nova fortaleza do século XVII foi identificada en Tomiño, precisamente en Taborda. Unha fortificación que acredita a importancia do Baixo Miño na guerra con Portugal. Hoxe falamos con Rebeca Blanco, investigadora que onte participou na presentación desta identificación....more14minPlay
January 12, 2023Ent. Saba González, coordinadora de Butterfly Monitory Screen Galicia - Seguemento de bolboretas no Monte AloiaO Monte Aloia será un dos espazos naturais onde se vai desenvolver unha rede de seguemento de bolboretas impulsada pola Xunta de Galicia, e levado a cabo por voluntarios e voluntarias. Saba González, a coordinadora de Butterfly Monitory Screen Galicia, explica os detalles desta actividade....more11minPlay
January 12, 2023Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación da Policía LocalO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou esta mañá no programa Día a Día a situación na que está a policía local de Tui. A baixa de tres axentes e do inspector xefe provocou que o corpo quedase en servizos mínimos. En breve agardan incorporar cinco novos policías logo de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade....more10minPlay
January 11, 2023Ent. Jesús Castiñeira, Escola de Hostelería Baixo Miño - Cursos e formacións.A Escola de Hostelería Baixo Miño ofrece formacións gratuítas que van dirixidas tanto para persoas desempregadas, como para autónomos e empregadas. Hoxe falamos con Jesús Castiñeira, da propia Escola, para explicar que cursos teñen activos....more10minPlay
January 04, 2023Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Cabalgata de Reis e balance das actividades de NadalTui e Valença retomarán mañá a súa Cabalgata Internacional dos Reis Magos cun percorrido polas dúas cidades con recepción aos máis pequenos no Paseo da Corredoira. Hoxe puidemos falar con Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura, sobre este evento que pechará a programación de Nadal....more10minPlay
January 04, 2023Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Avaliación de desperfectos pola tormenta.A Guarda recibiu o luns a visita de Maica Larriba, a subdelegada do Goberno, e de Miguel García, o Xefe provincial de Costas da Xunta de Galicia, para valorar os danos provocados polas choivas da pasada fin de semana. Hoxe valoramos este encontro co alcalde, Antonio Lomba....more10minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,297 episodes available.