Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,152 episodes available.
June 10, 2022Ent. alumnado CEIP nº1 - II Concreto Educativo ODS 2030O CEP nº1 celebra a próxima semana, do martes 14 ao venres 17, o seu II Conrgeso Educativo ODS. Xoán, Vera, Aroa, David, David, Iria e Telma, alumnos e alumnas do centro contáronnos en que vai consistir. Será solidario xa que para asistir será preciso levar un alimento non perecedoiro para SOS Tomiño Baixo Miño....more7minPlay
June 10, 2022Ent. Ana García, pedagoga - Obradoiros de creatividade e Técnicas de EstudoO Centro Sociocomunitario de Tui vai acoller este verán un Obradoiro de Creatividade dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos.e un Obradoiro de Técnicas de Estudio para alumnado de Secundaria e Bacharelato.A pedagoga Ana García será a encargada de impartir estas actividades....more11minPlay
June 10, 2022Ent. Pablo Lomba - Destino A Guarda"Destino A Guarda" é un proxecto do guardés Pablo Lomba que en palabras do seu creador é "unha xanela aberta para o mundo da Guarda e da súa contorna". Púxoo en marcha hai 3 meses e nos contaba en qué consiste....more8minPlay
June 09, 2022Ent. José María Rodríguez, filló de Martín Rodríguez - Mención honorífica especialHoxe ás 19.00 h no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui terá lugar o acto de entrega da Mención Honorífica Especial ao debuxante tudense Martín Rodríguez Álvarez, en recoñecemento a súa traxectoria persoal e artística. Esta mañá falamos co seu fillo José María, e Martín Rodríguez deixounos un saúdo para os tudenses....more5minPlay
June 09, 2022Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG - Rolda Xuño 2022Na rolda que estamos a manter cos grupos políticos da corporación municipal hoxe foi a quenda de Carmen Núñez, voceira do BNG. Fixo balance deste anos de mandato, repasou distintos temas da actualidade política e tamén falou do futuro ante as eleccións municipais de 2023....more18minPlay
June 08, 2022Ent. Rafael Sánchez Bargiela, director Biblioteca e Arquivo - Mención honorífica a Martín Rodríguez e Día dos ArquivosCon Rafael Sánchez Bargiela, historiador e director da Biblioteca Municipal e do Arquivo Municipal de Tui falamos hoxe do debuxante Martín Rodríguez, a quen mañá o concello de Tui entregará unha Mención Honorífica Especial.Tamén da celebración do Día dos Arquivos coa entrega á Catedral dun facsímile do diploma entregado por Fernando II a Tui, e da visita guiada ao arquivo prevista para o venres....more7minPlay
June 08, 2022Ent. Audrey, estudante Erasmus e Rita Álvarez - Prácticas en Las Flores de RitaHoxe coñecemos a Audrey, unha moza francesa de 20 anos, que está a realizar, durante dous mess, as súas prácticas Erasmus do título de Técnico Superior Soporte á acción xerencial en Las Flores de Rita en Tui. Estuda na cidade de La Roche-sur-Yon. Xunto a ela visitounos tamén Rita Álvarez que nos daba conta do enriquecedora que está a resultar a experiencia....more10minPlay
June 07, 2022Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui -Novo local de ensaioA Banda de Música Popular de Tui conta cun local de ensaio no antigo centro cultural da parroquia de Guillarei, tras o acordo acadado coa Comunidade de Montes de Guillarei que recolle a cesión durante 15 anos a cambio de reformar o edificio e realizar o seu mantemento. Así nolo contou hoxe o director da banda, Eloy Carrera. Quen explicaba que aquí a partir de setembro a banda terá tamén a súa escola de música....more12minPlay
June 06, 2022Ent. Ismael Díz e Julián Iglesias - Loita contra a Vespa VelutinaO Concello de Tui adquiriu 200 trampas contra a vespa velutina. Dende hai uns anos, en colaboración cos apicultores locais, traballan para facer fronte a esta especie invasora que causa graves problemas das colmeas de abellas. Así nolo contaron Ismael Díz, concelleiro de Medio Ambiente, e Julián Iglesias, apicultor....more15minPlay
June 04, 2022Ent. Juan Carlos Solla, Juan Ramón Solleiro e Nico Montes - 40 anos de baloncesto en TuiO Club Baloncesto Tui cumpre 40 anos. Falamos destas catro décadas de deporte e de baloncesto. Juan Carlos Solla e Juan Ramón Solleiro fundadores do club explicaron coma naceu o club. Nicolás Lorenzo Montes, actual presidente, leva no club estes 40 anos onde comezou coma xogador....more36minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,152 episodes available.