Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,152 episodes available.
June 21, 2022Ent. Rubén Riós, Xerardo Feijoo, Keyla Iglesias, Mateo Moroño e Pablo González- Proxecto "Máis Vivas"Tres alumnos do IES San Paio, Keyla Iglesias, Mateo Moroño e Pablo González, participaron co director de cine Rubén Riós no seu traballo audiovisual "Máis Vivas". No mesmo aborda a problemática da violencia sobre a muller rural galega e portuguesa. O actor tamén contou coa colaboración de Ponte nas Ondas....more22minPlay
June 21, 2022Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda xuño 2022Co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, completamos hoxe a rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui. Lle pediamos balance destes 3 anos de goberno e tamén lle preguntamos sobre o seu futuro político....more30minPlay
June 20, 2022Iván Alonso,padeeiro - Ouro en K1 na Copa de España de MaratonO tudense Iván Alonso do Piragüismo Olívico logrou a medalla de ouro esta fin de semana na Copa de España de Maratón en K1. Este resultado dalle o billete para o Europeo de Dinamarca, pero tamén para os Xogos Mundiais dos EEUU. A vista está tamén posta en lograr a praza para o Mundial de Ponte de Lima. Con Iván Alonso falamos hoxe en Día a Día, tras competir tanto k1 coma en k1 en maratón coma en k1 en maratón curto....more8minPlay
June 20, 2022Manu Garrido, padeeiro - Copa de España de Maraton de PiragüismoO Campionato de Europa de Dinamarca será a próxima cita competitiva do tudense Manu Garrido do Kaiak Tudense. Esta fin de semana gañou a Copa de España de Maratón en C1 que lle da o pasaporte ao Europeo. Alí buscará praza para Mundial que se celebrará en Ponte de Lima. Con Manu Garrido falamos hoxe en Día a Día....more5minPlay
June 17, 2022Ent. José Ángel Fernández, voceiro do PP de Tui - Rolda xuño 2022Dentro da rolda de conversas cos representantes dos grupos políticos da corporación municipal de Tui hoxe acompañounos José Ángel Fernández, voceiro do Partido Popular....more23minPlay
June 17, 2022Ent. Carlos Estévez e Keko Pereira - 1ª Proba do Campionato de España de MotonáuticaMañá sábado disputarase en Tui a primeira proba do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60. Dispuranse catro mangas dende ás 12.30 h nun circuíto espectacular. Desta proba falamos con Carlos Estévez da Real Federación Galega de Motonáutica, e Keko Pereira, piloto que vai participar mañá na proba....more14minPlay
June 15, 2022Ent. Vicente Álvarez e Ricardo Martínez da Coral San Telmo - Festival de Coros na rúa CoralbaA Coral San Telmo participa este sábado, 18 de xuño, na primeira edición do Festival de Coros na rúa Coralba en Collado Villaba, en Madrid. Nesta primeira celebración participaran unhas 31 corais, arredor de 40 persoas por grupo, onde realizarán cinco actuacións en cinco puntos diferentes do percorrido. Ricardo Martínez e Vicente Álvarez, membros da Coral San Telmo, así nolo contaron....more10minPlay
June 14, 2022Ent. Rubén López, director do Conservatorio de Tui - Incorporación do grao ElementalO Conservatorio de Tui incorporará o próximo curso o grao Elemental que se sumará ao Medio que xa viña impartindo. Até mañá as persoas que desexen estudar o novo grao deberán inscribirse nas probas de acceso, até mañá para 1º curso, e até o xoves para os outros cursos....more9minPlay
June 13, 2022Ent. GFace -Novo sinxelo "Qué es de tí""Qué es de tí" é o novo tema de GFace. Hoxe acompañounos no programa Día a Día para contarnos o momento no que está a súa carreira artística tras incorporarse a Universal Music Spain.En breve lanzará un par de sinxelos e está a preparar o disco....more19minPlay
June 13, 2022Club de Emprego - Luns,13 de xuño de 2022No tempo do Club de Emprego hoxe recibimos a Mª Ángeles Leirós Vázquez, xerente de ACEESCA. Neste tempo explicaba como naceu este centro, e coma hoxe é un centro de apoio a persoas con diversidade funcional, con centro educativo, ocupacional, centro de día ... que na actualidade conta con máis de 100 persoas de dez concellos distintos....more22minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,152 episodes available.