Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,152 episodes available.
July 01, 2022Ent. Óscar Cabaleiro, presidente e Paco López, vocal de Lembranzas da Terra - GuillaFolk 2022Hoxe e mañá celébrase no torreiro de festas de Guillarei o GuillaFolk 2022. A primeira cita será hoxe venres co V Festival Folclórico e mañá co VII Festival de Bandas de Gaitas e Pelepau. Os dous días será a partir das 22 h. Óscar Cabaleiro, presidente e Paco López, vocal da Asociación Lembranzas da Terra, que organiza estes eventos déronnos hoxe todos os detalles....more8minPlay
July 01, 2022Ent. Javier Sánchez - Espectáculo A Drag PandereteiraÁs 20.30 chega ao Paseo da Corredoira o espectáculo "A Drag Pandereteira" con Meiga-i. Forma parte do programa "Tui con Orgullo". Con Meiga-i, Javier Sánchez, falamos no programa Día a Día....more11minPlay
July 01, 2022Ent. Carlos Estévez e Marcos Casaleiro, organizadores - Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica 2022Esta fin de semana regresa o Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica ao río Miño. Falamos dunha modalidade tipo xincana con embarcacións adaptadas para persoas con mobilidade reducida que terá lugar mañá dende as 10.30 h fronte á rúa Olímpicos Tudenses, e ofrecerá moita emoción para quen queira achegarse a presenciala....more2minPlay
July 01, 2022Ent. Xacobe Morais de A Quinta de Tui Futsal - Campus de Futsal Antonio ‘Toñín’ MartínO próximo luns regresa o xa clásico Campus de Futsal Antonio ‘Toñín’ Martín organizado por A Quinta de Tui Futsal, nunha sexta edición que se extenderá ata o venres 22 de xullo. Xacobe Morais, un dos cordinadores, quixo destacar o gran éxito coas inscricións, superando incluso o número de prazas inicial desta actividade de verán....more7minPlay
June 30, 2022Ent. Iago Araujo do Motoclub Randufe - III Dirt Track Cidade de TuiEste sábado celébrase o cuadrangular Dirt Track Cidade de Tui. Será no antigo complexo deportivo de Rebordáns, rebautizado coma Complexo Deportivo Off Road de Tui. Iago Araujo do Motoclub Randufe, organizador deste evento deportivo, explicaba que a competición realízase nun circuíto en forma de óvalo. Detalla tamén coma se vai desenvolver....more8minPlay
June 30, 2022Ent. Uxío Benítez, deputado de Mobilidade - Obradoiro Ágora en TomiñoEsta mañá celebrouse en Tomiño un dos ‘Obradoiros Ágora’ que está a desenvolver a Facultade Ágora da Deputación para formar ao persoal técnico e político dos concellos da provincia. Obxetivo é recuperar espazo público para as persoas.Un obradoiro que se está a realizar cun innovador modelo de formación coma explicaba o depoutado de Mobilidade, Uxío Benítez, quen lembraba tamén que é a rede Ágora....more6minPlay
June 29, 202229062022 Conchi Martínez Aguilera, da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui - Concentración VenresEste venes, 1 de xullo, ás 20.30h a Plataforma pola Sanidade Pública de Tui convoca unha concentración diante do Centro de Saúde. O obxectivo da mesma é protestar: pola falla de médicos no verán; as condicións da sala de espera de urxencias e a falla dunha ambulancia medicalizada.Falamos coa voceira da Plataforma, Conchi Martinez Aguilera....more10minPlay
June 29, 2022Ent. Rafael Álvarez, concelleiro de Turismo da Guarda- XXX Festa da LangostaEsta fin de semana celébrase na Guarda a trixésima Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. Por iso, esta maná no programa Día a Día falábamos co concelleiro de Turismo da Guarda, Rafael Álvarez, que nos explicaba que oferta gastronómica poderemos atopar na carpa situada no porto e tamén as actividades previstas....more12minPlay
June 28, 2022Ent. Ana María Núñez, concelleira de Igualdade de Tui - Día do OrgulloEste 28 de xuño, conmemorase o Día do Orgullo para tratar de visibilizar as identidades e orientacións sexuais. Dentro do seu ámbito de actuación, o Concello de Tui tamén se suma ao apoio e a histórica reivindicación de respecto á identidade que cada individuo sinte e confome á cal decide vivir....more9minPlay
June 28, 2022Ent. José Martínez Tato, de AndaTui - Andainas da EurocidadeDobre proposta dentro do calendario de andainas da Eurocidade Tui-Valença para esta fin de semana O sábado realizarase a etapa entre Viana do Castelo e Caminha do Camiño Portugués e o domingo terá lugar o Trilho do Crasto. A inscrición pode facerse en www.andatui.es coma explicaba José Martínez Tato de AndaTui....more8minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,152 episodes available.