Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,297 episodes available.
October 07, 2022Ent. Aitor Martínez do obradoiro Vikensen - finalistas dos Premios Nacionais de ArtesaníaUn dos finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía de 2022 é obradoiro Vikensen de torneado de madeira de Tomiño impulsado por Aitór Martínez. Opta ao galardón na categoría de Emprendemento. Aitór Martínez amosababa esta mañá a súa satisfacción por esta nominación....more9minPlay
October 06, 2022Ent. Toño Casais, actor da compañía Talía Teatro - Morte accidental dun anarquistaMañá venres ás 21.30 h Talía Teatro representará no Teatro Municipal de Tui ‘Morte accidental dun anarquista’. Esta comedia de Dario Fo está dirixida por Cándido Pazó e conta uns sucesos reais ocorridos nos Estados Unidos e que se inspiran na morte do ferroviario Giuseppe Pinelli en Milán.Hoxe puidemos falar con Toño Casais, un dos membros do elenco, quen nos contou a sinopse da obra e o realismo da mesma....more8minPlay
October 05, 2022Sorteo vales de compra de Acitui - Campaña de incentivo do comercio localXunto a José Díez de Acitui realizamos o sorteo dos 10 vales de 20€ polas compras realizadas nunha campaña de incentivo do comercio local de Tui....more5minPlay
October 04, 2022Ent. Tania Fernández, padeeira do Kaiak Tudense - Ouro de maratón en K2A pasada fin de semana foi de éxitos para o piragüismo tudense. Tania Fernández, do Kaiak Tudense, subiuse ao máis alto do podio no K2 do Campionato do Mundo de Maratón. Un ouro acadado xunto a Tania Álvarez que premia a súa traxectoria....more12minPlay
October 03, 2022Ent. Manu Garrido, padeeiro tudense - Campión do mundo de piragüismo en maratón C1O tudense Manu Garrido é protagonista tras proclamarse o sábado campión do mundo de piragüismo na modalidade de maratón en C1. O padeeiro do Kaiak Tudense cumpriu o soño polo que leva anos loitando na súa carreira deportiva cun ouro que gañou con solvencia....more12minPlay
September 30, 2022Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Actos vandálicos en bens públicos e obras na veiga do LouroEn Tui hai preocupación polos actos vandálicos que se veñen sucedendo dende hai varias semanas en diversos espazos públicos como parques infantís e lavadoiros. Esta mañá falamos co alcalde, Enrique Cabaleiro, que tamén detallaba o inicio das obras na ponte sobre o Louro...more8minPlay
September 30, 2022Ent. Ana García Carnero, pedagoga - Obradoiros no Centro Sociocomunitario de TuiEn outubro e novembro o Centro Sociocomunitario de Tui contará con novos obradoiros. Falamos con Ana García Carnero, pedagoga, dos cursos de Actitudes Dixitais Saudables e de Técnicas de Estudo que xa abriron matrícula....more11minPlay
September 30, 2022Ent. Elena Paz, voz e arpa do grupo musical Golfiños - Concerto MUMI.Mañá ofrecerá un concerto o grupo Golfiños no marco do MUMI. Será ás 12:45 h ES na carpa instalada no Jardim Municipal de Valença. Hoxe falamos con Elena Paz, integrante do grupo, que nos contou o que é Golfiños, que achega a música a toda a familia....more6minPlay
September 29, 2022Ent. Motoclub Randufe - II Super Enduro Cidade de TuiEste sábado 1 de outubro, o Motoclub de Randufe organiza o segundo Super Enduro Cidade de Tui no complexo Off Road de Rebordáns. Hoxe falamos da proba con Fito Pereira, presidente, e Iago Araújo, vocal....more7minPlay
September 29, 2022Ent. Anais Barbier e María Jorge, grupo Caldo - Concerto do MUMI.Caldo será un dos grupos que ofrecerá un concerto aberto ao público mañá, no marco do MUMI. Será ás 18:15 h ES no Paseo da Corredoira de Tui, se o tempo o permite. Hoxe falamos no programa Día a Día con dúas das súas integrantes: Anais Barbier, voz e pandeireta, e María Jorge, violinista....more10minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,297 episodes available.