Este venres terá lugar na adega Edmun do Val en Valença unha observación astronómica guiada por José Vicente Casado “El cazameteoritos”. Os e as asistentes poderán coñecer máis das estrelas pero tamén dos meteoritos xa que achegará algúns dos elementos que forman parte da súa colección.
Para participar é preciso inscribirse no correo [email protected]. O prezo é de 15€ para persoas adultas, sendo gratis para os nenos. A observación maridarase co viño da adega.
Olalla Ruibal, de Edmun do Val, explicaba cómo se vai desenvolver esta actividade.