Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,154 episodes available.
December 01, 2021Ent. Uxío Benítez, vicedirector do AECT Río Miño - Medidas Estado de Calamidade en PortugalO vicedirector do AECT Río Miño, Uxío Benítez, lamentaba que cunha decisión que afecta a tantas persoas na zona fronteiriza non se envíe unha mensaxe clara por parte do goberno portugués, o que provoca dicía un "efecto espantada na fronteira"....more13minPlay
December 01, 2021Ent. José Vaz Carpinteira, presidente da Cámara de Valença - Medidas Estado de CalamidadeConfusión e preocupación xerou en Valença a medida anunciada polo goberno portugués para acceder ao país veciño coa entrada en vigor esta pasada noite no Estado de Calamidade. Así o explicaba o presidente da Cámara, José Manuel Vaz Carpinteira. Aclaraba que neste momento con certificado covid da UE é suficiente....more6minPlay
December 01, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Certificado covid para ir a Portugal, obras ADIF, situación COVIDO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pronuncíabase hoxe o paso a Portugal co pasarporte covid europeo. Daba conta tamén do empeoramento dos datos con respecto á covid, e lle preguntabamos sobre as obras de renovación de infraestructura e vía do tramo Estación de Guillarei-Frontera portuguesa que ADIF vén de sacar a licitación....more11minPlay
December 01, 2021Ent. Jose Antonio Torres, director de Altos de Torona - Altos de Torona Brut e Turrón de Albariño Bell PrazerCon José Antonio Torres, director de Altos de Torona coñecemos dous dos produtos desta adega relacionados co Nadal coma son os Altos de Torona Brut e o Turrón de Albariño Bell Prazer....more10minPlay
November 30, 2021Ent. Eva Rodríguez e Auri Fernández da ANPA do Colexio Maristas - Rastrillo a favor de ASANOGA ANPA do Colexio Maristas de Tui organiza un rastrillo a favor de ASANOG, a Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia, celebrarase os días 10, 11 e 12 de decembro no claustro do Seminario. Estes días están a recoller os xoguetes e libros que logo conformarán o rastrillo....more13minPlay
November 30, 2021Ent. Rodolfo Albero, director artístico - Camerata Lírica con La BohemeEste venres, ás 21.30 h Camerata Lírica presenta no Teatro Municipal de Tui "La Boheme" de Puccini dentro da xira que están a realizar por toda España. É unha adaptación desta ópera para que se poden adquirir as entradas en www.tui.gal aos prezos de 8€ e 6€....more6minPlay
November 26, 2021Ent. Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui - Mañá concerto 140 aniversarioA Banda de Música Popular de Tui vai celebrar mañá sábado, 27 de novembro, ás 20 h no Teatro Municipal de Tui o seu 140 aniversario cun concerto moi especial. Así nolo contaba hoxe o seu director, Eloy Carrera. Quedan xa moi poucas entradas dipoñibles en enterticket.es...more8minPlay
November 26, 2021Ent. Montserrat Magallanes, concelleira de Cultura - Homenaxe a Eliseo AlonsoA Guarda nomeará mañá a Eliseo Alonso coma fillo adoptivo da vila. Será nun pleno que comezará ás 11 h. Inauguraranse dúas exposicións, e un monumento dedicado ao homenaxeado. A concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, daba conta do programa previsto....more9minPlay
November 25, 2021Ent. Mario Domínguez de La Sigrina - III Campaña de Recollida de Alimentos e xoguetesO Hostal La Sigrina de Tui está a realizar a terceira campaña de recollida de alimentos e xoguetes. Da mesma falamos hoxe con Marío Domínguez, quen explicaba que estes produtos se poden depositar no banco blanco situado na porta do establecemento. Despois todo este material será doado a SOS Tomiño Baixo Miño....more7minPlay
November 25, 2021Ent. Anabel Solla, presidenta de AMEI Tui - I Andaina Contra a Violencia de XéneroEste domingo FEMUPO e AMEI Tui organizan a I Andaina Contra a Violencia de Xénero. Sairá ás 10 h da vella Ponte Internacional e percorrerá o tramo do Camiño de Santiago até o Centro Cultural de Ribadelouro. A presidenta de AMEI Tui falounos desta actividade....more4minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,154 episodes available.