Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,314 episodes available.
August 19, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda AgostoPleno moi importante con moito contido cun carácter máis técnico que político. Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na valoración da sesión plenaria de xullo. Tamén se referiu a outros asuntos da actualidade municipal....more18minPlay
August 18, 2021Ent. Marta Zabaleta, pianista - Concerto no IKFEMOs tres ballet máis representativos de Stravinsky serán os que interpreten hoxe Marta Zabaleta e Miguel Borges ao piano no concerto inaugural do IKFEM. Será ás 22 h na rúa Olímpicos Tudenses. Precisamente hoxe Marta Zabaleta explicaba coma será o concerto., para o que xa non hai entradas....more9minPlay
August 18, 2021Ent. Eduardo Dacuña da Asoc A Insua - Semana cultural de CaldelasAdaptada as actuais circunstancias dende este venres celébrase na ribeira de Caldelas a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural A Insua con tres xornadas nas que haberá maxia, música, animación…Eduado Dacuña, membro da Asociación Cultural A Insua, explicaba precisamente as actividades previstas...more8minPlay
August 18, 2021Ent. Carmen Núñez do BNG- Rolda AgostoCarmen Núñez, voceira do BNG, interviu hoxe dentro da rolda que estamos a manter para valorar o pleno da corporación municipal de Tui do mes de xullo. Un pleno cargado de contido, dicía, e aproveitaba para reclamar a celebración de sesións plenarias mensuais....more9minPlay
August 17, 2021Ent. Ana Domínguez de Cruz Vermella Baixo Miño - Andainas Saudables en TuiO próximo martes ás 10 h terá lugar a primeira andaina saudable organizada pola Cruz Vermella en Tui. Será pola ruta dos Muíños do Tripes. Está aberta a inscrición no 986 61 46 09 ou no correo [email protected]...more6minPlay
August 17, 2021Ent. Andrea González, directora IKFEM - IX Festival de teclado da Eurocidade Tui-ValençaDende mañá ata o 22 de agosto terá lugar na Eurocidade Tui-Valença a IX edición do IKFEM.Andrea González, directora do IKFEM, axudounos a coñecer máis de cerca as novidades que traerá este ano o festival, o cal porá en valor diferentes tipos de arte como a música ou a moda....more12minPlay
August 17, 2021Ent. Asociación de Alcohólicos Anónimos - 17 de agosto de 2021Abrimos hoxe de novo no programa Día a Día o tempo de radio do grupo Armonía de Tui da Asociación de Alcohólicos Anónimos. Fernando e Key deixáronnos hoxe a súa testemuña, a súa experiencia na Asociación, e do "abandono de ideas antigas" sobre o alcoholismo....more15minPlay
August 13, 2021Ent. Natalia Lago, a fada do Aloia - Noite Máxica no AloiaQue mellor lugar para ver as Perseidas que o Monte Aloia? Estes días a coñecida fada do Aloia está a organizar unhas visitas nocturnas ao parque natural. Nestas noites máxicas, os visitantes van acompañados desta fada que ensinaralles dos misterios astronómicos. Natalia Lago, a nosa fada, explicaba o obxectivo destes percorridos....more6minPlay
August 13, 2021Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Festas do Monte 2021Esta tería que ser a fin de semana grande das Festas do Monte da Guarda, pero debido á pandemia mañá non haberá o desfile de bandas mariñeiras nin o domingo a tradicional subida ao monte. Ao longo da semana estanse a celebrar algunhas actividades con todas as medidas de seguridade. Falamos co alcalde da Guarda, Antonio Lomba....more7minPlay
August 13, 2021Ent. Jaime Pablo Díaz, director Nova Galega de Danza - EspectáculoHoxe a noite a Praza de San Fernando viaxará a unha Galicia intemporal e máxica, grazas a "Leira" un espectáculo de Nova Galega de Danza. Terá lugar ás 21:00h e haberá un total de 120 prazas que se cubrirán por orde de chegada. O espectáculo entra dentro do programa “Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio” da Xunta de Galicia, e forma parte da programación cultural do verán do Concello de Tui....more5minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,314 episodes available.