Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,314 episodes available.
April 28, 2021Ent. Miguel Abraira, profesor- Situación do IES San PaioO profesor do IES San Paio, Miguel Abraira, confirmaba esta mañá que hai 10 casos positivos por covid no centro, nove deles de 2º ESO e un deles de 4º ESO. As cinco aulas do curso segundo permanecen pechadas con alumnos en cuarentena. Estase a realizar tamén un cribado nos dous cursos en busca de asintomáticos....more9minPlay
April 28, 2021Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui -Situación a 28 de abrilO doutor Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui, agarda que a actual situación de Tui, cunha trintena de casos, parte derivados de reunións familiares, se controle pronte. Unhas cifras lonxe da peor situación que tivemos até o de agora en xaneiro con preto de 200 casos e 20 falecidos....more5minPlay
April 27, 2021Ent. Rui Filipe, comerciantes de Valença - Peche fronteirasO peche de fronteiras deixa unha situación insostible no comercio de Valença, coma explicaba esta mañá Rui Filipe. Tras a conversa mantida onte co primeiro ministro portugués, Antonio Costa, amósase optimista en canto a apertura de fronteiras....more4minPlay
April 27, 2021Ent. Manuel Lopes, presidente Camara de Valença - Fronteiras e visita 1º MinistroO presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, confía en que o goberno portugués poida establecer hoxe a apertura de fronteiras a partir deste sábado 1 de maio. Onte abordaba o tema co Primeiro Ministro, Antonio Costa, na visita que realizou a Valença, para inaugurar a liña do tren electrificada até Lisboa, e a remodelación das Escolas valencianas....more5minPlay
April 27, 2021Ent. Teo e Jose da Asociación de Alcohólicos Anónimos - Actividade en TuiA asociación de Alcohólicos Anónimos desenvolve a súa actividade en Tui dende hai un mes, no local nº 8 da rúa Ourense s/n. Pódese contactar con eles no teléfono 622 90 24 34.Teo e Jose explicaban que con axuda se pode deixar esta dependencia do alcohol....more11minPlay
April 27, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda Abril e apertura fronteirasO alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pechou hoxe a rolda de conversas cos grupos políticos da corporación para valorar o pleno ordinario do mes de marzo. Con el abordamos tamén o peche das fronteiras e a visita do primeiro ministro portugués onte a Valença....more29minPlay
April 26, 2021Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Bonificacións AP-9 e nova comisaríaFalamos co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sobre a bonificación nas peaxes entre Tui e Puxeiros anunciada a semana pasada. Indicaba que entrarán en vigor este mesmo verán. Tamén falamos da nova comisaría de Policía nacional onde se trasladarán trámites como a renovación do DNI. Abordamos amáis a preocupante situación epidemiolóxica de Tui....more7minPlay
April 22, 2021Ent. Telmo Alfaya e Juan Calos Boó - Feira da cabaza 2021 en TuiFalamos cos organizadores da Feira da Cabaza que despois do éxito en edicións anteriores no bar Pancho, están contactando con diferentes colectivos das parroquias tudenses e co propio Concello de Tui para dar a coñecer o proxecto, animándo a veciñanza e as asociacións a participar. Se celebrará en outubro....more8minPlay
April 22, 2021Ent. Laureano Alonso, voceiro de En Marea - Rolda AbrilFalamos con Laureano Alonso, voceiro de En Marea na corporación municipal de Tui e membro do equipo de goberno. Cuarta entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo....more21minPlay
April 20, 2021Ent. Carmen Núñez, voceira do BNG en Tui - Rolda AbrilFalamos con Carmen Núñez, voceira do BNG na corporación municipal de Tui. Terceira entrevista dentro da rolda de conversas que estamos a manter cos distintos grupos políticos para valorar o pleno ordinario de marzo....more14minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,314 episodes available.