Falamos hoxe con Manuel Madarnás, 3º premio no XI Concurso de Trompeta “Valeriano Machí Esparza”.
A competencia estaba dividida por categorías, sendo na Categoría A (trompetistas de 3º e 4º de Grao Superior) onde este músico galego acadou o terceiro lugar.
Manuel Madarnás, de 23 anos, estuda actualmente 4º de Grao Superior no Conservatorio De Música de Vigo e é alumno activo na Orquesta Xoven Sinfónica de Galicia. Ademais, combina os seus estudos ca súa labor como docente na Escola da Banda de Música Popular de Tui, onde tamén leva tocando dende os 10 anos.