Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.
November 16, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación luns 16En Tui mantéñense as medidas restritivas de peche perimetral ou peche da hostalería aínda que na fin de semnaa o nivel de alerta pasou a laranxa - hoxe volveu a vermello - coma explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Avanzaba que solicitará a Sanidade a posibilidade de atenuar o peche actual tan estrito. Pero tamén indicaba que olicitará tanto á Policía Local coma á Garda civil maior vixilancia porque teñen denuncias de algún local de hostalería do rural que está aberto cando debería estar pechado....more9minPlay
November 13, 2020Ent. Antonio Lomba, Alcalde da Guarda - Situación COVID-19 na GuardaAnalizamos as cifras da COVID-19 na Guarda co seu Alcalde, Antonio Lomba. Os últimos datos falan de 60 casos activos. Aínda que na última semana os contaxios diarios se reduciron, haberá que esperar uns días para apreciar unha baixada considerable dos casos....more6minPlay
November 12, 2020Ent. Jose Ángel Fernández, voceiro do PP - Situación COVID 19 TuiO voceiro do PP na corporación municipal de Tui, José Ángel Fernández, destacou a unidade de acción dos distintos grupos do Concello de Tui ante a situación que estamos a vivir derivada da pandemia da COVID 19.Por outra parte facía unha valoración moi positiva do informe favorable de Urbanismo ao PEPCHA, que permitirá leva a pleno este documento para a súa aprobación definitiva....more7minPlay
November 12, 2020Ent. Ánxela Fernández, Alcaldesa do Rosal, e María Fandiño, arquitecta - Aberta aA "Explanada do Horizonte" xa está lista para o desfrute da veciñanza do Rosal. Unha reforma integral e mellora paisaxística en Portecelo cunha nova área de esparexemento que tamén acondicionou o tramo do Camiño de Santiago pola costa que pasa polo municipio.Falamos coa alcaldesa do Rosal e coa arquitecta deste proxecto, distinguido cun dos Premios Gran de Area 2020 de Aportación á Arquitectura dos Colexios de Arquitéctos de Galicia....more13minPlay
November 12, 2020Ent. Enrique Cabaleiro- Alcalde de Tui - Redución da taxa de lixo para hostalería e comercioOs establecementos comerciais ou de hostalaría que estiveron pechados ou están pechados aboarán unha taxa do lixo de 21,19 no trimestre ou trimestres que estiveron sen actividade. É un importe similar a que se aplica ás vivendas. Así o avanzou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicando que así o recolle un dos artigos da ordenanza municipal. Para poder contar con esta redución os establecementos deberán descargar un modelo de impreso na web municipal, e cubrilo e despois presentalo no ORAL. Así o avanzou hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more12minPlay
November 11, 2020Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda - Situación da Covid-19 en SalcedaSalceda volve ao nivel vermello no mapa da incidencia da COVID 19. Valoramos os datos coa alcaldesa, Loli Castiñeira, e falamos tamén doutros asuntos coma os dous galardóns que recibiu a localidade no certame "Vilas en Flor"....more9minPlay
November 11, 2020Ent. Manuel López, presidente de Cámara de Valença -Situación COVID19Situación complicada con respecto á COVID 19 é a que se vive en Valença onde teñen 120 casos. O presidente da Cámara, Manuel Lópes, agarda as últimas medidas tomadas, coma o toque de queda, dean resultados, e descenda o número de persoas afectadas....more7minPlay
November 11, 2020Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Concerto de Milladoiro en streamingO concerto que o grupo Milladoiro ofrecerá este venres en Tui poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube e das redes sociais municipais. Así o confirmaba hoxe a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente. Deste xeito dende o Concello buscan poder chegar a un maior número de persoas con este vento, xa que dadas as medidas restritivas establecidas en Tui a capacidade do teatro está limitada a 30 butacas, que están xa esgotadas....more7minPlay
November 10, 2020Ent. Santiago Pose do Centro de Saúde - Situación martes 10 de novembro38 casos nos últimos 7 días e un acumulado de 76 nos últimos 14 son as últimas cifras con respecto á incidencia da COVID19 en Tui que facilitaba esta mañá o doutor Santiago Pose....more8minPlay
November 10, 2020Ent. Ana Núñez, Concelleira Igualdade/comercio-III Plan de Igualdade de oportunidades, Guía hostalería e Axudas reactivaConversamos con Ana Núñez sobre o III Plan de Igualdade de oportunidades do Concello de Tui. Tamén sobre a Guía de hostalería e restauración e das 108 primeiras axudas a establecementos e autónomos das Axudas Reactiva....more18minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,169 episodes available.