Entrevistamos esta mañá en Día a Día, a Concelleira de Comercio, Ana Núñez. Falamos sobre a iniciativa promovida polo Concello de Tui "QueroTui". Parte co obxectivo de pór en valor o comercio, a hostalería e o produto local.
A través de redes Facebook e Instagram Quero Tui levará cabo distintas iniciativas para a visibilización do sector comercial tudense ante os retos aos que se enfronta. A primeira iniciativa deste proxecto é o programa de transformación e dixitalización do comercio e a hostalería local que se levará a cabo en novembro co programa de formación QueroFormación