O Concello da Guarda fai un chamamento a non depositar voluminosos na rúa e deixar o lixo sempre dentro dos contedores. Logo da campaña realizada en redes sociais, hoxe darán conta desta solicitude a través dun sistema de megafonía.
Por outra parte explicaba o rexedor guardés que está cubertos en canto a material de protección, e continúan coordinando aos traballadores e voluntarios para facer fronte a esta situación. Tamén destacaba o alcalde a colaboración de Cruz Vermella, Conrazones e San Vicente de Paúl.