Tui ten rexistrados 14 casos positivos por COVID 19. É un dato que facilitaba hoxe o doutor Santiago Pose do Centro de Saúde de Tui. A meirande parte están illados en domicilio, e algún caso no hospital con evolución favorable.
Indicaba tamén que realizaron un total de 141 test que deron negativos a persoas de Tui e Tomiño.
Amais dende o Centro de Saúde continua a atender todas a patoloxías que se presenten, na medida do posible con consulta telefónica.
Envíaba o doutor ánimos á poboación, e agradecía o comportamiento da poboación co persoal do centro de saúde.