Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,503 episodes available.
October 23, 2020Ent. Sandra González- Alcaldesa de Tomiño - A Eurocidade Cerveira - Tomiño celebra hoxe as II Xornadas AmizadeA Eurocidade Cerveira Tomiño celebra hoxe as II Xornadas Amizade. Durante todo o día no Auditorio do CAE reflexionarase sobre o futuro da cooperación transfronteiriza e realizarase tamén un balance dos resultados acadados na “Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño”...more10minPlay
October 22, 2020Ent. Anabel Solla, presidenta da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui - Campaña de prevención da Violencia de XéneroAmei Tui, a asociación de mulleres en igualdade de tui, vai levar a cabo unha campaña de Prevención da Violencia de Xénero no Ámbito Veciñal para a concienciación e a participación das comunidades de veciños na detección de este tipo de situacións e para informar dos medios dispoñibles para denunciar casos de violencia de xénero. Entrevistamos a súa presidenta, Anabel Solla....more8minPlay
October 22, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación COVID 22 de outubroSegunda xornada na que Tui está en alerta vermella polo número de casos de coronavirus. Son un total de 30 positivos os rexistrados no últimos 8 días segundo avanzou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro....more9minPlay
October 21, 2020Ent. Salvador García, pte. Asociación Afectados - Remate dilixencias no XulgadoConcluiron as dilixencias previas no Xulgado de Tui pola explosión rexistrada do 23 de maio de 2018 no barrio da Torre en Paramos, nun almacén ilegal de explosivos. O presidente da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, Salvador García, explicaba que non comparten este peche cando consideran que hai cuestións pendentes coma declaracións, ou peritaxes....more11minPlay
October 21, 2020Ent. Teresa Domínguez, directora do CRA Mestra Clara Torres de Tui - Premio escola do ano 2020A Fundación Princesa de Xirona anunciou onte o nome do centro educativo recoñecido co Premio Escola do Ano na súa edición 2020. O Centro Público Rural Agrupado, Mestra Clara Torres de Tui, galardoado por «ser un exemplo de dinamización en contornas rurais, a través da participación e implicación das familias e dos membros da comunidade da que forman parte». Entrevistamos a súa directora, Teresa Domínguez...more8minPlay
October 21, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación mércores 21 de outubroO Concello de Tui recomenda aos xestores dos equipamentos culturais de carácter privado que na medida do posible paralicen toda a actividade nestes centros, ante a actual situación. Amais en Caldelas ordénase o peche do Centro Cultural ante a situación na parroquia coa existencia de varios brotes. Así o acordaron onte os representantes dos distintos grupos políticos na corporación municipal. Así o explicaba o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen insistía na responsabilidade individual de cada un de nós....more10minPlay
October 19, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Situación luns 19 de outubroTui está en nivel 1, alerta amarela, por rexistrar nos últimos 7 días entre 7 e 14 novos casos activos. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, facía esta mañá un novo chamamento á prudencia e á responsabilidade....more7minPlay
October 16, 2020Ent. Beatriz Rodríguez, Albur Atlántico - II Xornada do proxecto "O Camiño sostible" hoxe en TuiHoxe celebrouse en Tui a segunda xornada de “O Camiño Sostible” na Aula da Uned, que forma parte do programa “O teu Xacobeo”. Ten por obxectivo dinamizar e pór en valor todos e cada un dos sectores e actores que forman parte do Camiño de Santiago. Tamén promocionar o turismo e o desenvolvemento local a través dos valores do camiño e a sustentabilidade. Entrevistamos hoxe a Beatriz Rodríguez de Albur Atlántico, empresa organizadora do evento....more6minPlay
October 16, 2020Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Programación de outonoHoxe comeza a programación de outono "Volvemos ao teatro" que até finais de novembro ofrece 8 espectáculos de música, teatro e danza. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, daba conta desta proposta e das medidas de seguridade establecidas....more10minPlay
October 15, 2020Ent. Arantxa Giráldez-Oferta de actividades do Liceo Casino de TuiO Liceo Casino de Tui programou unha oferta de actividades para os próximos meses que inclúe coiro, baile moderno, break dance, kids abacus, ioga, robótica para nenos, reforzo de inglés, fotografía, guitarra, etc. Así nolo contou hoxe Arantxa Giráldez en Día a Día....more7minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,503 episodes available.