Co arquitecto César Portela coñecemos os pormenores do anteproxecto de rehabilitación do Teatro Principal de Tui. Manterá o teatro, salas de usos múltiples, e incorpora coma novidade unha cafetería mirador. Falamos con el tras a presentación realizada no día de onte.
O Concello de Tomiño chega aos 14 mil habitantes. Cifra que salientamos coa alcaldesa Sandra González. Abordamos outros temas de interese como a reapertura dos pasos na fronteira entre Galicia e o norte de Portugal para os traballadores da "raia" e a peonalización das rúas do núcleo urbano do Seixo.
O confinamento deixa pezas musicais coma "I think what i am feeling is love". O single composto por Javier Casal acompañado, entre outros, pola voz da solista Laura Palomo. Cada un gravou dende a casa a súa parte e logo fixeron a composición.
O número 5.850 é o agraciado no sorteo realizado por SOS Tomiño Baixo Miño dunha escultura solidaria doada por Xabier Garrido. Venderon un total de 2 mil rifas, e os fondos recadados destinarannos á compra de alimentos. Para facer o sorteo estiveron na nosa sintonía Pili Álvarez e José Montes.
Máis de 90 puntos recibiron os viños da Adega do Vimbio, por parte da revista “The Wine Advocate”. Figura entre as adegas emerxentes destacadas pola publicación. Hoxe falamos con Martín Crusat, biólogo e vinicultor de Adega do Vimbio.
Este domingo celébrase o Día Internacional do Ioga. Por iso o domingo ás 10.30 h no Paseo Fluvial haberá unha actividade de ioga e meditación, a cargo de Vanesa Rodríguez. Está organizada polo Concello de Tui. Poderán participar as primeiras 25 persoas que cheguen, que deberán levar unha esteira.
Con moita ilusión e disposta a colaborar afronta Pilar Besada Barahona a súa próxima toma de posesión coma concelleira de corporación municipal de Tui, tras a renuncia de Juan Miguel Diz Guedes. Avanzaba que seguirá a mesma liña de diálogo mantida polo seu predecesor. Tamén indicaba que Tui precisa apoio para afrontar os retos que temos por diante.
O mercado do xoves volveu celebrarse hoxe en Tui, pero na zona de Camfran. Un cambio de emprazamento que non agrada a todos os vendedores, así o confirmou a presidenta da asociación de mercaderes ambulantes de Vigo e comarca, Begoña Martínez. Hoxe concentráronse na Corredoira.
Mañá volverase celebrar o mercado semanal dos xoves en Tui. Será nun novo emprazamento na zona de Camfran. É un espazo máis amplo que a tradicional ubicación do mercado que permitirá regresar ao 100% dos postos cumprindo as medidas de seguridade. Así o explicaba a concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez.
8 min
About Día a Día
From the publisher's feed
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…