Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,331 episodes available.
March 26, 2020Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal - Situación xoves, 26 de marzo de 2020Traquilidade no Rosal nesta xornada de xoves. Así o indicaba a alcaldesa, Ánxela Fernández, quen facía un chamamento aos pensionistas a que vaian a cobrar as pensións de xeito escalonado. A alcaldesa agradecía a colaboración que están a ter por parte da cidadanía.No Rosal continúan coas tarefas de desinfección e amais das rúas aplican tamén os produtos nos contedores de lixo. Seguen a contar coa colaboración das adegas....more4minPlay
March 26, 2020Ent. Margarita Pino, doutora en Ciencias da Educación - Situación dos escolares no confinamentoCon Margarita Pino, doutora en Ciencias da Educación e membro do Grupo GIES, abordaba hoxe na nosa sintonía a situación á que se enfrontan os escolares estes días sen clase, con traballo na casa, nesta época de confinamento. Aposta pola parte práctica dos coñecementos....more11minPlay
March 26, 2020Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Situación xoves 26 de marzoO Concello de Oia recibiu onte a confirmación dun positivo por coronavirus no municipio. Trátase dunha persoa que pasou polo aeroporto de Madrid e que se illou e pode estar xa curada a falta do test confirmatorio pero seguirá illada unha semana máis. Así o explicaba a alcaldesa, Cristina Correa. Hoxe o concello porá en marcha un servizo de entrega da compra a domicilio en colaboración cos establecementos locais. Vai dirixido á poboación en xeral....more4minPlay
March 26, 2020Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda- Situación xoves 26 de marzoRutina é a que están a vivir os veciños e veciñas na Guarda neste estado de alerta sanitaria pola pandemia do COVID-19. Os servizos municipais do Concello continúan prestando axuda á poboación ao igual que o GES. Mentres, continúan os labores de desinfeccións nas rúas e tamén nos contedores. Daba conta desta información o alcalde, Antonio Lomba....more4minPlay
March 26, 2020Ent. Manuel Lopes, pte da Cámara de Valença - Situación xoves 26 de marzoDous positivos por Coronavirus rexistraron nas últimas horas en Valença, onde a situación continua con tranquilidade. O presidente da Cámara, Manuel Lopes, insistía en que a poboación siga as medidas impostas nesta pandemia por Coronavirus polas autoridades....more3minPlay
March 26, 2020Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Situación xoves 26 de marzoEn Tomiño incrementáronse os labores de desinfección para evitar a propagación do virus Covid-19, nas rúas de Tomiño e Goián e tamén nas residencias de maiores. Contábao na nosa sintonía a alcadesa, Sandra González, que tamén destacaba o bo comportamento que están a ter os máis pequenos da casa....more7minPlay
March 26, 2020Ent. Santiago Pose, do Centro de Saúde de Tui - Situación xoves 26 de marzo de 2020O doutor Santiago Pose enviaba hoxe unha mensaxe tranquilizadora á poboación porque cada vez se sabe máis do coronavirus, recoñecemendo que cada vez se rexistrarán máis casos. En Tui indicaba que se está rexistrando menor incidencia que noutras zonas. Están creando a estrutura para o futuro....more4minPlay
March 26, 2020Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui- Situación xoves 26 de marzo de 2020O Concello de Tui realizará semanalmente unha actualización de datos de persoas afectadas polo Coronavirus no municipios. En canto a actividade municipal indicaba que se está a priorizar a actuación en Servizos Sociais. Onte repartiron nas residencias de anciáns e no Servizo de Axuda no Fogar as mascarillas e luvas que recibiron da Xunta. Agora están artellando cambiar o sistema de reparto do bono de alimentos ás familias vulnerables....more8minPlay
March 25, 2020Ent. Ulises Varela, da SETA - Reducción 8% na factura da luzA Sociedade Electricista de Tui aplicará un 8% de desconto nas facturas da luz entre o 1 de marzo e o 30 de abril, buscan así reducir o impacto que económico nas familias derivada do incremento no consumo ao estar todo o día nas casas....more11minPlay
March 25, 2020Ent. Ánxela Fernández, alcadesa do Rosal - Situación mércores 25 de marzoO Concello do Rosal coa colaboración das Asociación de Adegas do Rosal están a realizar os labores de desinfección nas rúas máis transitadas para evitar a propagación do virus. Así o contaba a alcaldesa, Ánxela Fernández que, tamén indicaba que acaban de aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito para pagar aos provedores....more4minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,331 episodes available.