Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curios... more
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,129 episodes available.
March 07, 2025Ent. Sonsoles Vicente e Rafael Sánchez Bargiela | Centenario de Manuel Lago GonzálezHoxe venres comezan os actos conmemorativos do centenario de Manuel Lago González. En Tui unha escultura obras de Xoán Piñeiro na rúa Ordóñez lembra a súa figura e o seu nome forma parte do rueiro da cidade. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e o historiador e técnico municipal, Rafael Sánchez Bargiela, lembraron na nosa sintonía a este destacado tudense, e deron conta do programa de actos previstos. O primeiro hoxe ás 19 h no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela organizado conxuntamente polo Concello de Tui e a Real Academia Galega....more16minPlay
March 07, 2025Ent. Susan Santos, cantante | Concerto en GoiánA cantante Susan Santos actuará mañá, sábado 8 de marzo, ás 23.00 horas, no Centro Goianés. Hoxe falamos coa guitarrista que presentará o seu novo disco “Sonora”. As entradas pódense adquirir en www.bluesandrias.com, ou na Cantina do Centro Goianés. Os prezos oscilan entre os 15€ e os 18€....more4minPlay
March 07, 2025Ent. Marta Cendón, profesora da Universidade de Santiago | Presidenta do Instituto de Estudos TudensesDende hai unha semana Marta Cendón é a nova presidenta do Instituto de Estudos Tudenses. Hoxe falamos con ela do seu novo cargo e da liña de traballo a seguir. Tamén da conmemoración do 800 aniversario da consagración da Catedral de Santa María de Tui....more7minPlay
March 06, 2025Ent. Maria León, xogadora de fútbol sala | Especial 8MDentro das entrevistas enmarcadas no 8M, hoxe coñecemos a historia da tudense María León, futbolista profesional, en relación co deporte, os seus comezos e como o fútbol sala pasou de ser un pasatempo a súa profesión....more9minPlay
March 06, 2025Ent. Margarita Ledo | Proxección de Prefiro Condenarme na programación do 8M en TuiCoa proxección do documental “Prefiro condenarme” de Margarita Ledo hoxe comenza a programación organizada polo Concello de Tui co gallo do 8M, o Día Internacional da Muller. O lema deste ano é “Os Nosos Dereitos, hoxe, mañá e sempre!”.Hoxe a cita será ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. A propia Margarita Ledo explicaba a historia que recolle neste documental....more11minPlay
March 06, 2025Ent. Chisco Casteleiro, director e actor | Galitoon con "Facendo o Indio""Facendo o Indio" é o espectáculo, para público familiar, que mañá venres, ás 19 h, presenta Galitoon no Teatro Municipal de Tui. A obra está dirixida por Chisco Casteleiro que forma parte do elenco xunto a Jona García. Ao longo de sesenta minutos prometen facer rir ao público, tal e coma explicaba o propio Chisco Casteleiro....more4minPlay
March 06, 2025Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | "Los Espigadores y la Espigadora""Los Espigadores y la Espigadora" de Agnes Varda é a película que proxectará mañá venres, 7 de marzo, ás 21 horas o Cineclub Tui, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Con Noemí Guisande, do Cineclub repasamos os detalles desta cita que terá un pase único aos prezos de 2 euros para persoas socias e 4,5 para público xeral. Amais hoxe celebran unha asemblea de socios, ás 20.30 horas na Aula UNED....more4minPlay
March 05, 2025Ent, Luz Beloso, pintora e ilustradora | Especial 8M - Autora do cartel do 8M do Concello de Tui“Os Nosos Dereitos, hoxe, mañá e sempre!” é o lema que o Concello de Tui elixiu este ano para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller. O cartel deste ano é obra da ilustradora Luz Beloso no que representa a varias xeracións de mulleres erguendo a voz para defender os seus dereitos. Hoxe falamos coa artista sobre esta creación e sobre a necesidade de seguir traballando por acadar unha sociedade máis igualitaria....more10minPlay
March 05, 2025Ent. Lucía Estévez, da Asociación Laxes de Paramos | Xornada pola IgualdadeA Asociación Laxes de Paramos súmase á conmemoración do 8M cunha “Xornada pola igualdade”. Será este domingo ás 17 h no Centro Cultural Laxes de Paramos coa charla-coloquio “Sementes de igualdade, primavera morada” a cargo de Priscila Retamozo, e ás 18 h, a compañía Espectacular representará o contacontos, para público familiar, “Os mundos de Elisa”. Lucía Estévez deu conta destas dúas actividades que terán entrada libre....more9minPlay
March 03, 2025Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artístico Ribex | Campión de Galicia co Grupo ShowO grupo show do Club de Patinaxe Artístico Ribex proclamouse onte Campión Galego. Con este primeiro posto logra a praza para o Campionato de España. O seu cuarteto foi terceiro. Hoxe valoramos con Carolina Figueroa, adestradora do club tudense, este novo éxito deportivo....more3minPlay
FAQs about Día a Día:How many episodes does Día a Día have?The podcast currently has 6,129 episodes available.