Dentro deste Setembro Xudeu, durante todo este mes pódese degustar, previa reserva, un menú sefardí no Parador de Turismo de Tui.
Amais, o vindeiro venres, día 19, realizarase unha cea especial con música na que tamén se poderá desfrutar este menú. Emilio González, xefe de cociña do Parador daba conta dos platos que conforman esta oferta gastonómica que ten un prezo de 38 euros. Para esta cea especial é preciso facer a reserva antes do próximo luns día 15.