Este sábado comeza a programación cultural de outono no Teatro Municipal de Tui. En total serán nove citas que combinan teatro, música, maxia e cinema. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, repasou a programación que se abre co concerto “Ingrávida” de Mercedes Peón, ás 20.00 horas.
A entrada para este espectáculo é de balde e é preciso facer reserva en tui.gal. Na mesma web están xa dispoñibles as entradas para todos os espectáculos.