Día a Día

Día a Día

By Radio Municipal de TuiNewsEntertainment News
Download on the App Store

Día a Día episodes

  • Ent. Fani Gómez e Eva Vázquez da ANPA de Randufe | Festa do porco ao espeto
    A ANPA de Randufe organiza unha actividade gastronómica co obxectivo de recadar fondos para distintas iniciativas que leva a cabo. A cita será o sábado 11 de outubro, ás 18 h, en Chan, en Randufe, coa Festa do Porto ao Espeto. A ración terá un prezo de 3,5€, e tamén haberá tamén chouripan a 3€ e castañas de balde. Agardan completar as 500 prazas dispoñibles, tal e coma hoxe explicaban Fani Gómez e Eva Vázquez da ANPA de Randufe.
    5 min
  • Ent Rosita la del Rubio e Ricardo Martínez da Coral San Telmo|VII Festival de Outono de Canto Coral e Música Tradicional
    A Coral San Telmo de Tui organiza o VII Festival de Outono de Canto Coral e Música Tradicional este sábado, ás 19 h, na igrexa de San Domingos en Tui. Actuarán o Coro de Oleiros da Coruña, o Coro Allegretus de Braga e o grupo de música tradicional Lirolai do Rosal, xunto a propia Coral San Telmo.
    Hoxe déronnos todos os detalles Ricardo Martínez e Rosita La del Rubio, membros desta agrupación coral.
    13 min
  • Ent. Ricardo da Silva, da Asociación Muiñeiros do Tripes | Lendas ao solpor
    O vindeiro sábado 4 de outubro, ás 20.30 h terá lugar o percorrido nocturno nos muiños do Tripes Lendas ao solpor, que partirá dende a área lúdico-recreativa de Chans do Carrasco en Randufe. Ricardo da Silva, da Asociación Muiñeiros do Tripes, explicou como se vai desenvolver esta ruta na que haberá teatralización, música e ao remate chocolate con rosca, castañas e viño do país.
    É preciso inscrición previa que está dispoñible nas redes sociais de Muiñeiros do río Tripes. O prezo é de 5 euros para socios e de 8 euros para persoas non socias.
    6 min
  • Ent. Jorge González e Germán Soutelo, do Club Tenis Tui | XI Torneo Eurocidade de Tenis e inicio de temporada
    O XI Torneo de Tenis da Eurocidade vaise celebrar nas pistas de tenis de Areas dende este venres, 26 de setembro até o 5 de outubro. Unha cita deportiva na que están inscritas preto de 100 persoas que competirán nas diferentes categorías.
    Hoxe falamos desta competición e do inicio da temporada con Jorge González e Germán Soutelo, presidente e secretario do Club de Tenis Tui.
    9 min
  • Ent. Luis Cuntín, Inma Rodríguez, e José Font | Traballo de Diversidades Acolle e o reto da búsqueda de vivenda
    Diversidades Acolle atendeu a máis de 500 persoas refuxiadas dende que abriu o seu centro en Tui, hai cinco anos. Hoxe profundamos no labor que realiza a asociación e coñecemos os retos aos que se enfrontan, entre eles a búsqueda de vivenda.
    Fixémolo con Luis Cuntín, presidente de Diversidades Acolle; Inma Rodríguez, directora de Diversidades Tui; e José Font, colaborador da asociación.
    25 min
  • Ent. Claudia Montes, de Altitude | Actividades extraescolares e Rutas Descubre Tu Entorno
    Baixo o título de "Descobre o teu entorno" Altitude, Ocio e Educación Ambiental organiza rutas de sendeirismo que van ter lugar as fins de semana entre outubro e xullo. A primeira das citas será o domingo 5 de outubro cun percorrido polos Muíños do Folón e o Picón no Rosal.
    Por outra parte Altitude vai desenvolver a activade extraescolar a Aula Naturaleza dirixida a nenos e nenas de 6 e os 12 ano no Liceo Casino. A inscrición pode facer no 613 23 93 09 ou presencialmente no Casino.
    Destas dúas propostas deu hoxe conta na RMT Claudia Montes, de Altitude.
    5 min
  • Ent. José Palacio, presidente da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño | Prevención de Incendios Forestais
    As Mancomunidades de Montes do Baixo Miño, Morrazo, Pontevedra, Val Miñor e Vigo proponen cinco medidas para traballar na prevención dos incendios forestais. Son revisión orzamentaria, a reformulación dos Plans de Ordenación Forestal, a capacitación actualizada dos recursos humanos implicados, a sensibilización social sobre a importancia da prevención e corresponsabilidade cidadá e a execución inmediata de Plans de Prevención e Defensa contra o lume dos Distritos Forestais, con participación da Xunta, Deputación, Concellos e as propias Comunidades de Montes.
    Hoxe falamos destas medidas, de prevención de incendios e do traballo que realizan as Comunidades de Montes con José Palacio, presidente da Mancomunidade de Montes do Baixo Miño. Destacaba que os lumes son un problema do territorio, polo que é preciso abordalos con esa perspectiva. Avanzou amais que en outubro van celebrar un congreso, en Vigo, centrado nos lumes no que participarán expertos en xestión do lume e as cinco mancomunidades. Agardan que de aí saia un plan para presentar aos distintos distritos forestais.
    7 min
  • Espazo comercio | Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI -Balance Mesa comercio
    Lucía Nogueira, vicepresidenta de ACITUI, fixo balance hoxe no Espazo Comercio da Mesa do Comercio que celebraron a pasada semana co obxectivo facer unha diagnose realista da situación do sector. Avanzaba que se convocará cada dous meses para abordar a realización de campañas conxuntas, a aposta pola dixitalización e o reforzo da colaboración institucional, entre outros temas.
    Por outra parte lembraba que o próximo mércores, 1 de outubro, ás 20.30 h na Sala Félix Rodríguez, ACITUI celebrará a súa asemblea.
    5 min
  • Ent. María Freiría, de MarJewelrin | Obradoiro Crea a túa xoia peluda
    Esta fin de semana María Freiría, MarJewelrin, vai impartir o obradoiro “Crea a túa xoia peluda”, a partir das 11.00 horas no Mercado de San Antonio. Unha cita para a que é preciso inscribirse previamente a través das redes sociais ou no teléfono 608 27 27 70. O prezo é de 40 euros por persoa.
    Este taller ten carácter solidario xa que o 20% do que se recaude irá destinado á protecora Aloia. Así nolo contou María Freiría.
    4 min

About Día a Día

From the publisher's feed

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento,…