Diario cultural | Mañá

Diario cultural | Mañá

By AGalegaAudioSociety & Culture
Download on the App Store

Diario cultural | Mañá episodes

  • Diario cultural 26-06-2025
    Vituco Neira conversa con Xosé Iglesias, o patrón de pesca autor do libro ‘Nao Cetácea’.
    Moncho Lemos comenta “Padre no hay más que uno: nido repleto” e “F1: The Movie”
    31 min
  • Diario cultural 25-06-2025
    Falamos co fotoxornalista Gervasio Sánchez e coa docente e artista plástica Almudena Fdez.Fariña, que fan parte da da Bienal de Pontevedra. E curiosidades con Raquel C. Pico
    31 min
  • Diario cultural 24-06-2025
    VIII Festival Internacional de Música Clásica en Vilagarcía
    Desta volta o Clasclás rende homenaxe á música española deica o día 28.
    Dolores Vilavedra comenta ‘Eu son o monte’, de Sara Guerrero
    31 min
  • Diario cultural 23-06-2025
    Vituco Neira conversa co músico Germán Prieto, que acaba de publicar 'Destino´ logo dunha etapa vital complicada.
    Despedimos a temporada de Carlos Crespo, que remata traéndonos a Crúas
    31 min
  • Diario cultural 19-06-2025
    Cuarta edición do Encontro Galego de Cultura Popular, O Serán`04; tres días de festa con música e baile tradicional, obradoiros de artesanía e exposicións. Falamos co director artístico do evento, o coreógrafo e investigador Quique Peón, e co artesán Yerai Paz, O Sarillo, que amosará os traxes tradicionais que confecciona durante a celebración deste Serán`04
    31 min
  • Diario cultural 18-06-2025
    O Gaiás acolle dende esta tarde a exposición ‘Litografías’, unha carpeta de gravados con obra de 23 artistas arxentinos e máis de Laxeiro e Luís Seoane.
    Raquel C. Pico lévanos de peregrinacións literarias
    31 min
  • Diario cultural 17-06-2025
    Este venres arranca en Sandiás unha nova edición de Toponimízate. Conversamos con Vicente Feijoo, coordinador da plataforma Galicia Nomeada.
    Dolores Vilavedra comenta o epistolario entre Neira Vilas e Alonso Montero publicado por Galaxia
    31 min
  • Diario cultural 16-06-2025
    ‘As obras póstumas’, de Diego Giráldez, XLIII Premio Blanco Amor de Novela, móvese entre o realismo máxico e a dúbida constante da memoria. Conversamos co autor de literatura e do mundo editorial.
    Carlos Crespo descóbrenos a Rumia, gañadora do Martín Códax na categoría de electrónica.
    30 min
  • Diario cultural 13-06-2025
    Conversamos co profesor e sociolingüista Anik Nandi, director do primeiro Centro de Estudos Galegos en Asia, do presente e do futuro da nosa lingua.
    Afonso Becerra comenta Trïade, do Colectivo Glovo
    31 min

About Diario cultural | Mañá

From the publisher's feed

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información…