Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultura... more
FAQs about Diario cultural | Mañá:How many episodes does Diario cultural | Mañá have?The podcast currently has 429 episodes available.
January 14, 2025Diario cultural 14-01-2025Falamos con Diego Anido Seijas, "Diego As", autor do mural de Julio César fronte á muralla de Lugo que foi premiado polo portal Street Art Cities. Agora volve optar a ser galardonado como mellor muralista do mundo cunha obra realizada en Linares. A nosa colaboradora Dolores Vilavedra fálanos do poemario de Emma Pedreira "Pobreza de espírito"...more31minPlay
January 13, 2025Diario cultural 13-01-2025O pianista e compositor Abe Rábade, recén retornado dunha xira pola Arxentina, fálanos do seu último traballo temático: "Tempo de cor". O disco é unha exploración da sicoloxía da cor. O noso colaborador Carlos Crespo presenta á banda de country pontevedresa Los Tonicash....more31minPlay
January 10, 2025Diario cultural 10-01-2025Avanzamos as novidades que preparan para 2025 as grandes editoriais galegas falando co director editorial de Galaxia, Marcos Calveiro e co director de Xerais, Fran Alonso. Para Galaxia 2025 será un ano especial porque cumpre 75 anos e prepara un programa especial de actividades. Ademáis, Ana Romaní fálanos da colección de videos que recollen o patrimonio inmaterial das cantareiras que acaba de presentar Xabier Díaz....more31minPlay
January 09, 2025Diario cultural 09-01-2025A Real Filharmonia de Galicia principia o ano cun concerto de Reis en Vigo moi especial. A orquestra interpreta o "Peer Gynt" de Edvard Grieg coa colaboración interpretativa dos actores Tamar Novas e Inés Salvado. Falamos do espectáculo con Tamar e coa directora técnica da RFG, Sabela García. Moncho Lemos comenta duas películas españolas que se estrean: "Desmontando un elefante" e "A metade de Ana"...more31minPlay
January 08, 2025Diario cultural 08-01-2025Dende o 13 de decembro o Museo de Pontevedra acolle unha exposición na que se poden ver 66 obras do escultor ourensán Acisclo Manzano. Falamos coa comisaria da mostra, Beratriz de San Idelfonso. A nosa colaboradora Raquel Pico diserta sobre a evolución dos xoguetes....more31minPlay
January 07, 2025Diario cultural 07-01-2025Cúmprense 75 anos do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Cada 7 de xaneiro se lle tributa unha homenaxe da que falamos co presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas. Ademáis, Dolores Vilavedra introdúcenos no mundo poético de Antón Lopo....more31minPlay
January 03, 2025Diario cultural 03-01-2025A editorial Kalandraka celebra os 25 anos da publicación dun dos seus contos de máis sona: "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Falamos da xénese da historia e das razóns do seu éxito cos seus autores; Chema Heras e Kiko Da Silva. Ademáis, Pilar García Rego preséntanos o seu poemario "Desaparecer" e Afonso Becerra comenta o espectáculo "Cousas que soan"...more31minPlay
January 02, 2025Diario cultural 02-01-2025Falamos con Fernando Franjo, autor do libro "Aquí viviu, Por aquí pasou", Unha ollada a Compostela, poñendo o foco en homes e mulleres insignes que viviron ou visitaron a cidade. Ademáis, Moncho Lemos traenos as estreas cinematográficas da semana....more31minPlay
December 31, 2024Diario cultural 31-12-2024O antropólogo, investigador e escritor RAFAEL QUINTIÁ, presenta un amplo estudo titulado ‘Dicionario de amuletos galegos’.Colaboración de Dolores Vilavedra...more31minPlay
FAQs about Diario cultural | Mañá:How many episodes does Diario cultural | Mañá have?The podcast currently has 429 episodes available.